Vivendas

Vivendas turísticas
Enténdese por vivendas turísticas os establecementos unifamiliares illados nos que se preste servizo de aloxamento turístico, cun número de prazas non superior a dez e que dispoñen, por estrutura e servizos, das instalacións e do mobiliario axeitado para a súa utilización inmediata, así como para a conservación, elaboración e consumo de alimentos dentro do establecemento.

Vivendas de uso turístico
Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade e coas características establecidas por vía regulamentaria, coa peculiaridade de que poida ser ofertado por particulares na súa propia vivenda. Constitúen estadías de curta duración aquelas nas que a cesión de uso é inferior a trinta días consecutivos.

Vivendas de uso turístico

06/10/2017 | informe | Vivendas de uso turístico

Evolución das vivendas de uso turístico en Galicia / Ano 2018

Fonte Turismo de Galicia

Rexistro de empresas e actividades turísticas: Aloxamentos

Datos extraídos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), baseados nos procedementos administrativos e os asentos rexistrais da Axencia Turismo de Galicia