DATA INFORME: MARZO DE 2025

Inicio

O Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT) 1 do día 1 de marzo do 2025 recolle 30.791 aloxamentos turísticos que suman un total de 297.614 prazas. Isto supón que en Galicia se dispón de 11 prazas por cada 100 habitantes 2 ou 10,08 prazas por \(km^2\).

Nas seguintes seccións analizaremos en profundidade as principais características dos aloxamentos turísticos galegos:

Galicia

Oferta segundo a categoría dos establecementos

Tipo / Categoría Establecementos Prazas
ALBERGUES TURÍSTICOS 512 17117
ALBERGUE DE PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO 4 126
ALBERGUE PÚBLICO XACOBEO 81 3544
PRIMERA CATEGORÍA 10 351
SEGUNDA CATEGORÍA 417 13096
APARTAMENTOS TURÍSTICOS 486 12270
1 CHAVE 375 8023
2 CHAVES 89 2837
3 CHAVES 22 1410
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS 171 35152
1 ESTRELA 35 1650
1ª CATEGORÍA 22 12198
2 ESTRELAS 6 826
2ª CATEGORÍA 98 19611
3 ESTRELAS 9 852
5 ESTRELAS 1 15
HOTEIS 946 58321
1 ESTRELA 302 10137
2 ESTRELAS 342 15889
3 ESTRELAS 163 12574
4 ESTRELAS 131 18049
5 ESTRELAS 8 1672
PENSIÓNS 1448 25542
1 ESTRELA 718 11004
2 ESTRELAS 539 10760
3 ESTRELAS 191 3778
TURISMO RURAL 526 6592
GRUPO-A (CASA GRANDE) 15 247
GRUPO-A (CASA RECTORAL) 14 213
GRUPO-A (OTRAS EDIF.) 6 111
GRUPO-A (PAZO) 42 757
GRUPO-B (CASA DE ALDEA) 383 4433
GRUPO-C (CASA DE LABRANZA) 57 616
GRUPO-D (ALDEA DE T. RURAL) 9 215
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO 26487 141379
NON INDICA 26487 141379
VIVENDAS TURÍSTICAS 215 1241
NON INDICA 215 1241

Oferta de prazas segundo o tipo de establecemento

As vivendas de uso turístico son o tipo de aloxamento máis presente no territorio galego. Representan o 86 % dos aloxamentos turísticos en Galicia e acumulan o 47,5 % das prazas.

Na seguinte táboa podemos ver os distintos tipos de aloxamentos e a oferta que podemos atopar dos mesmos.

Establecementos
Prazas
Media
Número Porcentaxe Número Porcentaxe Pr./est.
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO 26.487 86 % 141.379 47,5 % 5
HOTEIS 946 3,1 % 58.321 19,6 % 62
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS 171 0,6 % 35.152 11,8 % 221
PENSIÓNS 1.448 4,7 % 25.542 8,6 % 18
ALBERGUES TURÍSTICOS 512 1,7 % 17.117 5,8 % 34
APARTAMENTOS TURÍSTICOS 486 1,6 % 12.270 4,1 % 27
TURISMO RURAL 526 1,7 % 6.592 2,2 % 13
VIVENDAS TURÍSTICAS 215 0,7 % 1.241 0,4 % 7
GALICIA 30.791 100 % 297.614 100 % 48

Localización e concentración da oferta

Vemos no seguinte mapa como a oferta se concentra principalmente na costa, no Camiño de Santiago e nas principais cidades, destacando entre estas Santiago de Compostela.

Se diferenciamos o mapa segundo o tipo de aloxamento vemos como algúns deles están especializados e concentrados en certas zonas. É especialmente chamativo o caso dos Albergues Turísticos, os cales vemos como se atopan concentrados exclusivamente ao longo dos diferentes Camiños de Santiago.

Áreas turísticas

Oferta segundo a área turística

Dentro das principais áreas turísticas destaca Ría de Arousa e O Salnés co 22,6% dos establecementos e o 22,8% das prazas.

Establecementos
Prazas
Número Porcentaxe Número Porcentaxe por estab. por 100 hab. por km2
Ría de Arousa e O Salnés 6.966 22,6 % 67.943 22,8 % 10 107,1 35,6
Ría de Vigo e Baixo Miño 4.709 15,3 % 43.383 14,6 % 9 26,9 8,1
Ría e Terras de Pontevedra 3.169 10,3 % 24.790 8,3 % 8 23,5 10,8
Mariña Lucense 2.852 9,3 % 22.028 7,4 % 8 15,8 31,5
Costa da Morte 2.847 9,2 % 23.035 7,7 % 8 13,4 20,7
Terras de Santiago 2.240 7,3 % 30.143 10,1 % 14 9,9 11
A Coruña e As Mariñas 2.234 7,3 % 22.059 7,4 % 10 23,5 4,9
Ferrolterra 1.394 4,5 % 12.753 4,3 % 9 8 6,8
Lugo e a Terra Chá 993 3,2 % 13.683 4,6 % 14 3,2 7,2
Ribeira Sacra 812 2,6 % 8.445 2,8 % 11 3,3 14,7
Ría de Muros e Noia 796 2,6 % 7.384 2,5 % 9 18,6 18,4
Terras de Ourense e Allariz 676 2,2 % 6.081 2 % 9 7,6 4
Deza - Tabeirós 262 0,9 % 3.067 1 % 12 2,1 4,9
Ancares - Courel 241 0,8 % 3.744 1,3 % 16 1,7 23,7
O Ribeiro 235 0,8 % 2.735 0,9 % 12 2,7 6,2
Celanova - Limia 155 0,5 % 2.434 0,8 % 16 1,4 6,1
Manzaneda - Trevinca 139 0,5 % 2.494 0,8 % 18 1,8 8,7
Verín - Viana 74 0,2 % 1.413 0,5 % 20 0,8 4,7
GALICIA 30.794 100 % 297.614 100 % 12 15 13

A área Ría de Arousa e O Salnés conta tamén cunha acumulación de prazas por km² moi superior a calquera outro, chegando a contar con 107,1 prazas por km².

Ría de Arousa e O Salnés

A continuación amosamos o mapa de calor do conxunto de aloxamentos na área Ría de Arousa e O Salnés, vemos como a maior parte da oferta se concentra nas zonas de Sanxenxo e O Grove.

Concellos

Oferta nos principais concellos

Vemos na seguinte táboa como destacan as prazas de Sanxenxo e, en menor medida, Vigo, Coruña, A, Santiago de Compostela e Grove, O. Entre estes cinco concellos acumulan o 29.6% das prazas aloxativas de Galicia.
Establecementos
Prazas
Número Porcentaxe Número Porcentaxe Przas/Est
SANXENXO 3.355 10,9 % 33.076 11,1 % 10
VIGO 2.338 7,6 % 17.234 5,8 % 7
A CORUÑA 1.446 4,7 % 11.460 3,9 % 8
SANTIAGO DE COMPOSTELA 1.030 3,3 % 15.231 5,1 % 15
O GROVE 852 2,8 % 10.889 3,7 % 13
FOZ 733 2,4 % 4.529 1,5 % 7
CANGAS 713 2,3 % 5.376 1,8 % 8
VILAGARCÍA DE AROUSA 582 1,9 % 3.827 1,3 % 7
BARREIROS 570 1,9 % 4.450 1,5 % 8
POIO 560 1,8 % 4.598 1,5 % 8
BAIONA 516 1,7 % 5.507 1,9 % 11
FISTERRA 514 1,7 % 3.483 1,2 % 7
PONTEVEDRA 509 1,7 % 4.194 1,4 % 8
VIVEIRO 499 1,6 % 4.210 1,4 % 8
OURENSE 475 1,5 % 3.605 1,2 % 8
RIBEIRA 457 1,5 % 3.764 1,3 % 8
NIGRÁN 428 1,4 % 4.631 1,6 % 11
CARNOTA 407 1,3 % 2.449 0,8 % 6
BUEU 406 1,3 % 2.729 0,9 % 7
TOTAL 16.390 53 % 145.242 49 % 9

No mapa seguinte temos representados os concellos galegos segundo o número de prazas ofertadas. Vemos unha vez máis como os concellos que concentran o maior número de prazas son os que se atopan na zona litoral, coas excepcións de Lugo, Ourense e parte do Camiño Francés.

Oferta por concellos segundo o tipo de aloxamento

A seguinte táboa representa os concellos que contan cun maior número de prazas segundo o tipo de aloxamento. A maiores podemos observar tendencias como son a preferencia dos hoteis polas grandes cidades ou a preferencia dos apartamentos turísticos pola zona costeira.

Tipo de aloxamento Concello Prazas
HOTEIS SANXENXO 8120
HOTEIS SANTIAGO DE COMPOSTELA 5647
HOTEIS VIGO 4891
HOTEIS A CORUÑA 3572
HOTEIS O GROVE 2955
HOTEIS LUGO 1849
PENSIÓNS SANTIAGO DE COMPOSTELA 2537
PENSIÓNS SANXENXO 1146
PENSIÓNS A CORUÑA 1042
PENSIÓNS O PINO 664
PENSIÓNS VIGO 648
PENSIÓNS PALAS DE REI 541
APARTAMENTOS TURÍSTICOS SANXENXO 2767
APARTAMENTOS TURÍSTICOS VIGO 649
APARTAMENTOS TURÍSTICOS VIVEIRO 629
APARTAMENTOS TURÍSTICOS LUGO 543
APARTAMENTOS TURÍSTICOS O GROVE 467
APARTAMENTOS TURÍSTICOS POIO 455
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS SANXENXO 4788
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS O GROVE 2789
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS BAIONA 1933
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS NIGRÁN 1581
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS A GUARDA 1443
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS RIBEIRA 1185
TURISMO RURAL ARZÚA 219
TURISMO RURAL A ESTRADA 205
TURISMO RURAL CAMBADOS 124
TURISMO RURAL PANTÓN 121
TURISMO RURAL FOLGOSO DO COUREL 120
TURISMO RURAL CHANTADA 106
ALBERGUES TURÍSTICOS SANTIAGO DE COMPOSTELA 1920
ALBERGUES TURÍSTICOS SARRIA 1151
ALBERGUES TURÍSTICOS ARZÚA 1042
ALBERGUES TURÍSTICOS O PINO 849
ALBERGUES TURÍSTICOS PORTOMARÍN 760
ALBERGUES TURÍSTICOS PALAS DE REI 743
VIVENDAS TURÍSTICAS RIANXO 50
VIVENDAS TURÍSTICAS POIO 46
VIVENDAS TURÍSTICAS SOBER 45
VIVENDAS TURÍSTICAS ALFOZ 35
VIVENDAS TURÍSTICAS TRAZO 34
VIVENDAS TURÍSTICAS CANGAS 33
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO SANXENXO 16165
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO VIGO 10200
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO A CORUÑA 6678
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO O GROVE 4190
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO SANTIAGO DE COMPOSTELA 3914
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO CANGAS 3421

Concentración do número de prazas

Por último, os gráficos de barras amosan a concentración do número de prazas segundo a superficie (densidade da oferta turística) e o número de habitantes (intensidade da oferta turística). Séguese a observar unha clara tendencia de acumulación de prazas na zona litoral, así como tamén no Camiño de Santiago.

Destaca nestes gráficos a aparición de Mondariz-Balneario. Este concello non conta con tantas prazas como outros destinos costeiros, pero si conta cunha gran concentración por mor do seu tamaño reducido.

Factores estratéxicos

As zonas máis poboadas, as que se atopan na costa e polas que pasa o Camiño de Santiago son as zonas de maior concentración de aloxamentos turísticos en Galicia. No seguinte mapa represéntanse as localizacións dos establecementos existentes xunto coa delimitación do litoral abranguida polo Plan de Ordenación do Litoral (POL), as rutas dos principais Camiños de Santiago e o grao de urbanización da zona.

Grao de urbanización

Para estudar o reparto segundo o grao de urbanización facemos a división en tres grupos como propón o IGE (GU 2016): Zonas Densamente Poboadas (ZDP), Zonas Intermedias (ZIP) e Zonas Pouco Poboadas (ZPP). Na táboa seguinte móstrase como arredor da metade dos aloxamentos turísticos se concentran en localidades que, maioritariamente situadas no litoral de Pontevedra, teñen o carácter de ZIP. As 7 grandes cidades (ZDP) son as que manteñen unha inferior proporción, ligada fundamentalmente a que son a categoría que abarca menos territorio.

Establecementos Prazas Media prazas por km2 por 100 hab.
ZDP
ZDP 18,8 % 18,6 % 10 50,4 6,3
ZIP
ZIP alta 40,6 % 39,8 % 9 39,4 14
ZIP baixa 11,8 % 11 % 9 21,8 14,8
ZPP
ZPP alta 5,5 % 6 % 11 9,1 9,9
ZPP intermedia 10,1 % 9,2 % 9 9,9 21,7
ZPP baixa 13,1 % 15,3 % 11 2,5 12,2
Galicia 100 % 100 % 10 22 13

Litoral

Apreciamos nos seguintes mapas como un gran número dos establecementos turísticos están situados na rexión abranguida polo POL.

Concretamente, dos 30.791 establecementos existentes en Galicia, o 78 % atópanse nas zonas costeiras supoñendo tamén o 71,4 % das prazas.

Establecementos
Prazas
Porcentaxe Porcentaxe Media prazas por km2
Costa 78 % 71,4 % 9 37,9
Interior 22 % 28,6 % 13 3,6
Total 100 % 100 % 11 21

Se observamos cada tipo de establecemento por separado atopamos que algúns como os Albergues Turísticos ou os aloxamentos de Turismo Rural tenden a atoparse máis na zona interior, con só un 22,2 % e un 31,7 % de localizacións na costa respectivamente. Outros perfís de aloxamento como poden ser os Campamentos Turísticos ou os Apartamentos Turísticos aparecen con máis frecuencia nas zonas costeiras, co 87,3 % e o 76,6 %.

Costa Interior
ALBERGUES TURÍSTICOS 22,2 % 77,8 %
APARTAMENTOS TURÍSTICOS 76,6 % 23,4 %
CAMPAMENTOS TURÍSTICOS 87,3 % 12,7 %
HOTEIS 65,9 % 34,1 %
PENSIÓNS 48,4 % 51,6 %
TURISMO RURAL 31,7 % 68,3 %
VIVENDAS DE USO TURÍSTICO 81,5 % 18,5 %
VIVENDAS TURÍSTICAS 52,5 % 47,5 %

Camiños de Santiago

Tendo en conta os diferentes Camiños de Santiago, consideramos como “dentro do camiño” aqueles establecementos que se atopan a menos de 2km do trazado do mesmo. No caso de que un establecemento se atope a menos de 2km de dous ou máis camiños, asignarémoslle aquel que pase máis preto.

Deste xeito, podemos ver na seguinte táboa como o 32,1 % dos aloxamentos e o 37,2 % das prazas ofertadas en Galicia se atopan situadas nos Camiños de Santiago. Máis concretamente, os camiños de Fisterra-Muxía e Portugués da costa son os que contan con máis prazas e aloxamentos. Isto último está moi relacionado co feito de pasar ambos por zonas costeiras, sumando así aqueles aloxamentos destinados principalmente ao turismo de praia e non necesariamente ao Camiño de Santiago.

Establecementos
Prazas
Número Porcentaxe Número Porcentaxe Media
Dentro do Camiño 9.865 32,1 % 110.774 37,2 % 11
Fóra do Camiño 20.914 67,9 % 186.737 62,8 % 9
Establecementos
Prazas
Número Porcentaxe Número Porcentaxe Media
Fisterra-Muxía 1.676 17 % 18.281 16,5 % 11
Francés 825 8,4 % 15.808 14,3 % 20
Inglés 1.422 14,4 % 15.348 13,9 % 11
Inverno 372 3,8 % 5.022 4,5 % 14
Mozárabe-Vía da prata 354 3,6 % 4.793 4,3 % 14
Norte 514 5,2 % 5.541 5 % 11
Portugués 1.103 11,2 % 11.665 10,5 % 11
Portugués pola costa 3.183 32,3 % 29.428 26,6 % 9
Primitivo 416 4,2 % 4.888 4,4 % 12

No seguinte mapa represéntanse os diferentes aloxamentos turísticos que podemos atopar ao longo dos principais Camiños de Santiago.

Volver arriba


  1. Os datos de aloxamentos foron extraídos do directorio do REAT↩︎

  2. Os datos de poboación correspondense a xullo de 2024, último dato publicado na web do Instituto Galego de Estatística (IGE).↩︎