Defínese como vivenda de uso turístico (VUT) aquela que é cedida a terceiras persoas de xeito reiterado e a cambio dunha contraprestación económica. Estas cesións fanse para estadías inferiores a trinta días consecutivos en vivendas que se atopan equipadas e con todas as características establecidas por vía regulamentaria. As vivendas de uso turístico teñen ademais a peculiaridade de que poden ser ofertadas por particulares na súa propia vivenda.
Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia
(REAT), en setembro de 2025 existen en Galicia 32.915 aloxamentos
turísticos, dos cales 28.539 son vivendas de uso turístico. A evolución
do número de vivendas de uso turístico nos últimos meses compróbase na
anterior gráfica que reflicte a evolución do seu número fronte ao resto
de tipos de aloxamento que se recollen dentro do REAT (Hoteis,
Aloxamentos de turismo rural, Apartamentos turísticos, …).
Na actualidade as vivendas de uso turístico representan o 86,7% do
total da oferta de aloxamentos, e recollen o 49,7% das prazas, estando
presentes nos diferentes concellos de Galicia.
As vivendas de uso turístico son o tipo de aloxamento turístico que
ofrece de media un número de prazas por aloxamento menor que outras
tipoloxías (5,4 prazas por aloxamento).
A pesar diso, as vivendas de uso turístico contan co maior número de
prazas ofertadas sobre o total de aloxamentos (49,7 %), seguido polos
hoteis (19%) e os campamentos turísticos (11,5%).
| Provincia | Vivendas | Prazas | 
|---|---|---|
| PONTEVEDRA | 47,8 % | 47,8 % | 
| A CORUÑA | 33,7 % | 34,1 % | 
| LUGO | 14,4 % | 14,3 % | 
| OURENSE | 4 % | 3,9 % | 
| GALICIA | 100 % | 100 % | 
En termos de zonas turísticas, atópase unha maior concentración na zona Ría de Arousa e O Salnés na que se localizan o 23,8% das vivendas de uso turístico de Galicia. As cinco zonas co maior número de vivendas deste tipo, representan o 70% do total de toda Galicia, o cal indica a concentración xeográfica das vivendas de uso turístico. Pola súa parte, o número medio de prazas por vivenda segundo zona, varía pouco tendo en conta a zona turística analizada.
| Xeodestinos | 1 ou 2 prazas | 3 ou 4 prazas | 5 ou 6 prazas | Máis de 6 prazas | Media de prazas | 
|---|---|---|---|---|---|
| A CORUÑA E AS MARIÑAS | 7,9 % | 37,3 % | 35,7 % | 19,1 % | 5,3 | 
| ANCARES - COUREL | 8,1 % | 24,3 % | 36,5 % | 31,1 % | 6 | 
| CELANOVA - LIMIA | 8,1 % | 28,8 % | 27,9 % | 35,1 % | 6,2 | 
| COSTA DA MORTE | 5,8 % | 38,1 % | 35,7 % | 20,4 % | 5,4 | 
| DEZA - TABEIRÓS | 3,6 % | 25,1 % | 28,1 % | 43,1 % | 6,9 | 
| FERROLTERRA | 6,2 % | 35,7 % | 37,3 % | 20,8 % | 5,5 | 
| LUGO E A TERRA CHÁ | 5,7 % | 30,7 % | 37,8 % | 25,8 % | 5,6 | 
| MANZANEDA - TREVINCA | 12,7 % | 31 % | 35,2 % | 21,1 % | 5,4 | 
| MARIÑA LUCENSE | 5,7 % | 41,5 % | 35,5 % | 17,3 % | 5,2 | 
| O RIBEIRO | 11,5 % | 31,8 % | 26,6 % | 30,2 % | 5,6 | 
| RIBEIRA SACRA | 10,1 % | 29,6 % | 34,9 % | 25,4 % | 5,6 | 
| RÍA DE AROUSA E O SALNÉS | 5,6 % | 38,5 % | 36,6 % | 19,3 % | 5,4 | 
| RÍA DE MUROS E NOIA | 5,9 % | 33,2 % | 34,9 % | 25,9 % | 5,7 | 
| RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO | 13,1 % | 36,7 % | 29,4 % | 20,8 % | 5,2 | 
| RÍA E TERRAS DE PONTEVEDRA | 6,3 % | 32,6 % | 39,2 % | 21,8 % | 5,5 | 
| TERRAS DE OURENSE E ALLARIZ | 14,7 % | 40,4 % | 29,3 % | 15,6 % | 4,8 | 
| TERRAS DE SANTIAGO | 7,2 % | 30,2 % | 35,5 % | 27,1 % | 5,8 | 
| VERÍN - VIANA | 12,5 % | 31,2 % | 18,8 % | 37,5 % | 5,4 | 
| MEDIA GALICIA | 7,6 % | 36,4 % | 35 % | 20,9 % | 5,4 | 
| Concello | Prazas en VUT | Porcentaxe do total | 
|---|---|---|
| SANXENXO | 17.116 | 11,1% | 
| VIGO | 11.241 | 7,3% | 
| A CORUÑA | 6.788 | 4,4% | 
| O GROVE | 4.447 | 2,9% | 
| FOZ | 3.880 | 2,5% | 
| SANTIAGO DE COMPOSTELA | 3.690 | 2,4% | 
| CANGAS | 3.615 | 2,4% | 
| VILAGARCÍA DE AROUSA | 3.244 | 2,1% | 
| POIO | 2.992 | 1,9% | 
| BARREIROS | 2.782 | 1,8% | 
| BAIONA | 2.715 | 1,8% | 
| VIVEIRO | 2.577 | 1,7% | 
| NIGRÁN | 2.575 | 1,7% | 
| PONTEVEDRA | 2.561 | 1,7% | 
| RIBEIRA | 2.524 | 1,6% | 
A concentración das vivendas de uso turístico estúdiase agora segundo dúas variables: A superfice e o número de habitantes do concello. Tendo en conta o número de prazas por quilómetro cadrado do concello, Sanxenxo é o que máis destaca, con 379,7 prazas por quilómetro cadrado, seguido de O Grove e A Coruña con 203,2 e 179,4 prazas por quilómetro cadrado respectivamente.
| Concello | Prazas/km2 | 
|---|---|
| SANXENXO | 379,7 | 
| O GROVE | 203,2 | 
| A CORUÑA | 179,4 | 
| A ILLA DE AROUSA | 151,4 | 
| BURELA | 144,3 | 
| VIGO | 103,1 | 
| CORCUBIÓN | 99,2 | 
| CANGAS | 94,9 | 
| MONDARIZ-BALNEARIO | 88,3 | 
| POIO | 88,2 | 
| Concello | Prazas cada 1.000 habitantes | 
|---|---|
| SANXENXO | 955,5 | 
| BARREIROS | 918,2 | 
| CARNOTA | 549,2 | 
| FISTERRA | 493 | 
| O VICEDO | 444,9 | 
| O GROVE | 411 | 
| CORCUBIÓN | 385,6 | 
| FOZ | 380,5 | 
| MAÑÓN | 368,8 | 
| LAXE | 312,4 | 
Para levar a cabo o estudo tendo en conta o grao de urbanización dos
concellos, divídense estes en tres grupos diferenciados, tal e como
propón o IGE (GU
2016): Zonas Desamente Poboadas (ZDP), Zonas Intermedias (ZIP) e
zonas Pouco Poboadas (ZPP). Tal e como se recolle na seguinte figura, o
52,6% das prazas atópanse en zonas intermedias (zip).
As “Vivendas Turísticas” e os “Apartamentos Turísticos” son as
tipoloxias de aloxamento cunhas características similares ás “Vivendas
de Uso Turístico”, motivo polo cal se poden considerar como competidores
próximos das mesmas. A seguinte figura representa a comparativa entre os
diferentes tipos de aloxamento dentro desta competencia. As vivendas de
uso turístico son o 97,5% dos aloxamentos destas tres tipoloxías e o
93,1% en termos de prazas.
En canto á súa distribución polos concellos de Galicia, recóllense os seguintes cadros comparativos tendo en conta as diferentes tipoloxías. Por un lado está a distribución por concellos das vivendas de uso turístico, a distribución por concellos dos competidores próximos, é dicir, vivendas turísticas e apartamentos turísticos e finalmente outros competidores que son o conxunto de resto de tipoloxías: Hoteis, campamentos turísticos, pensión,…
| ALOXAMENTOS | PRAZAS | 
|---|---|
| SANXENXO (11,4%) | SANXENXO (11,1%) | 
| VIGO (8,5%) | VIGO (7,3%) | 
| A CORUÑA (4,9%) | A CORUÑA (4,4%) | 
| O GROVE (2,8%) | O GROVE (2,9%) | 
| FOZ (2,7%) | FOZ (2,5%) | 
| SANTIAGO DE COMPOSTELA (2,5%) | SANTIAGO DE COMPOSTELA (2,4%) | 
| CANGAS (2,4%) | CANGAS (2,4%) | 
| VILAGARCÍA DE AROUSA (2,2%) | VILAGARCÍA DE AROUSA (2,1%) | 
| BARREIROS (1,9%) | POIO (1,9%) | 
| POIO (1,9%) | BARREIROS (1,8%) | 
| ALOXAMENTOS | PRAZAS | 
|---|---|
| SANXENXO (8,8%) | SANXENXO (23,1%) | 
| SANTIAGO DE COMPOSTELA (4,5%) | VIGO (7%) | 
| MUXÍA (4%) | VIVEIRO (5,5%) | 
| RIBADEO (3,1%) | LUGO (4,7%) | 
| CANGAS (2,8%) | O GROVE (4,5%) | 
| O GROVE (2,4%) | POIO (4,4%) | 
| POIO (2,4%) | CANGAS (3,6%) | 
| FISTERRA (2,3%) | RIBADEO (3,1%) | 
| SOBER (2%) | A POBRA DE TRIVES (2,4%) | 
| OUTES (1,9%) | FOZ (1,7%) | 
| ALOXAMENTOS | PRAZAS | 
|---|---|
| SANTIAGO DE COMPOSTELA (6,9%) | SANXENXO (9,8%) | 
| SANXENXO (5,5%) | SANTIAGO DE COMPOSTELA (7,6%) | 
| VIGO (2,6%) | VIGO (4,5%) | 
| O PINO (2,4%) | O GROVE (4,4%) | 
| SARRIA (2,3%) | A CORUÑA (3,2%) | 
| O GROVE (2,1%) | BAIONA (2,1%) | 
| ARZÚA (2,1%) | LUGO (1,8%) | 
| A CORUÑA (2%) | SARRIA (1,6%) | 
| PALAS DE REI (1,8%) | NIGRÁN (1,6%) | 
| LUGO (1,7%) | ARZÚA (1,5%) | 
| Número de VUT | Nº empresas | Nº de persoas | Total de vivendas | 
|---|---|---|---|
| 1 | 805 | 17.160 | 17.965 | 
| 2 | 204 | 2.008 | 4.424 | 
| 3 | 91 | 549 | 1.920 | 
| 4 | 52 | 202 | 1.016 | 
| 5 | 29 | 89 | 590 | 
| 6 | 28 | 57 | 510 | 
| 7 | 15 | 27 | 294 | 
| 8 | 18 | 17 | 280 | 
| 9 | 8 | 12 | 180 | 
| >10 | 53 | 22 | 1.360 | 
Tendo en conta agora aos propietarios segundo o número de vivendas das que son posuidores, o 62,9% das vivendas pertencen a un só propietario.
A seguinte figura amosa a provincia de procedencia das empresas propietarias das vivendas de uso turístico presentes en Galicia.Concentración xeográficas das vivendas de uso turístico nas zonas costeiras