DATA INFORME: SETEMBRO DE 2025
O Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT) 1 do día 1 de setembro do 2025 recolle 32.915 aloxamentos turísticos que suman un total de 309.406 prazas. Isto supón que en Galicia se dispón de 11,43 prazas por cada 100 habitantes 2 ou 10,48 prazas por \(km^2\).
Nas seguintes seccións analizaremos en profundidade as principais características dos aloxamentos turísticos galegos:
| Tipo / Categoría | Establecementos | Prazas | 
|---|---|---|
| ALBERGUES TURÍSTICOS | 517 | 17233 | 
| ALBERGUE DE PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO | 5 | 148 | 
| ALBERGUE PÚBLICO XACOBEO | 82 | 3573 | 
| PRIMERA CATEGORÍA | 9 | 345 | 
| SEGUNDA CATEGORÍA | 421 | 13167 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | 520 | 10094 | 
| NON INDICA | 2 | 14 | 
| 1 CHAVE | 402 | 6566 | 
| 2 CHAVES | 94 | 2260 | 
| 3 CHAVES | 22 | 1254 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | 173 | 35680 | 
| 1 ESTRELA | 36 | 1745 | 
| 1ª CATEGORÍA | 22 | 12198 | 
| 2 ESTRELAS | 8 | 1113 | 
| 2ª CATEGORÍA | 96 | 19157 | 
| 3 ESTRELAS | 10 | 1317 | 
| 5 ESTRELAS | 1 | 150 | 
| HOTEIS | 947 | 58765 | 
| NON INDICA | 1 | 82 | 
| 1 ESTRELA | 302 | 10174 | 
| 2 ESTRELAS | 343 | 16093 | 
| 3 ESTRELAS | 162 | 12598 | 
| 4 ESTRELAS | 131 | 18146 | 
| 5 ESTRELAS | 8 | 1672 | 
| PENSIÓNS | 1476 | 25991 | 
| 1 ESTRELA | 735 | 11305 | 
| 2 ESTRELAS | 543 | 10819 | 
| 3 ESTRELAS | 198 | 3867 | 
| TURISMO RURAL | 522 | 6584 | 
| GRUPO-A (CASA GRANDE) | 16 | 253 | 
| GRUPO-A (CASA RECTORAL) | 14 | 213 | 
| GRUPO-A (OTRAS EDIF.) | 6 | 111 | 
| GRUPO-A (PAZO) | 42 | 774 | 
| GRUPO-B (CASA DE ALDEA) | 379 | 4410 | 
| GRUPO-C (CASA DE LABRANZA) | 56 | 608 | 
| GRUPO-D (ALDEA DE T. RURAL) | 9 | 215 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | 28539 | 153759 | 
| NON INDICA | 28539 | 153759 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | 221 | 1300 | 
| NON INDICA | 221 | 1300 | 
As vivendas de uso turístico son o tipo de aloxamento máis presente no territorio galego. Representan o 86,7 % dos aloxamentos turísticos en Galicia e acumulan o 49,7 % das prazas.
Na seguinte táboa podemos ver os distintos tipos de aloxamentos e a oferta que podemos atopar dos mesmos.
| Número | Porcentaxe | Número | Porcentaxe | Pr./est. | |
|---|---|---|---|---|---|
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | 28.539 | 86,7 % | 153.759 | 49,7 % | 5 | 
| HOTEIS | 947 | 2,9 % | 58.765 | 19 % | 62 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | 173 | 0,5 % | 35.680 | 11,5 % | 222 | 
| PENSIÓNS | 1.476 | 4,5 % | 25.991 | 8,4 % | 18 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | 517 | 1,6 % | 17.233 | 5,6 % | 34 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | 520 | 1,6 % | 10.094 | 3,3 % | 28 | 
| TURISMO RURAL | 522 | 1,6 % | 6.584 | 2,1 % | 13 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | 221 | 0,7 % | 1.300 | 0,4 % | 7 | 
| GALICIA | 32.915 | 100 % | 309.406 | 100 % | 49 | 
Vemos no seguinte mapa como a oferta se concentra principalmente na costa, no Camiño de Santiago e nas principais cidades, destacando entre estas Santiago de Compostela.
Se diferenciamos o mapa segundo o tipo de aloxamento vemos como algúns deles están especializados e concentrados en certas zonas. É especialmente chamativo o caso dos Albergues Turísticos, os cales vemos como se atopan concentrados exclusivamente ao longo dos diferentes Camiños de Santiago.
Dentro das principais áreas turísticas destaca Ría de Arousa e O Salnés co 22,5% dos establecementos e o 22,9% das prazas.
| Número | Porcentaxe | Número | Porcentaxe | por estab. | por 100 hab. | por km2 | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ría de Arousa e O Salnés | 7.398 | 22,5 % | 70.748 | 22,9 % | 10 | 111,5 | 37,1 | 
| Ría de Vigo e Baixo Miño | 5.135 | 15,6 % | 46.248 | 14,9 % | 9 | 28,7 | 8,7 | 
| Ría e Terras de Pontevedra | 3.349 | 10,2 % | 26.058 | 8,4 % | 8 | 24,7 | 11,4 | 
| Mariña Lucense | 3.050 | 9,3 % | 23.509 | 7,6 % | 8 | 16,8 | 33,6 | 
| Costa da Morte | 3.024 | 9,2 % | 23.072 | 7,5 % | 8 | 13,5 | 20,7 | 
| A Coruña e As Mariñas | 2.335 | 7,1 % | 22.238 | 7,2 % | 10 | 23,6 | 5 | 
| Terras de Santiago | 2.267 | 6,9 % | 30.339 | 9,8 % | 14 | 10 | 11 | 
| Ferrolterra | 1.617 | 4,9 % | 13.782 | 4,5 % | 9 | 8,7 | 7,3 | 
| Lugo e a Terra Chá | 1.108 | 3,4 % | 14.432 | 4,7 % | 13 | 3,4 | 7,6 | 
| Ribeira Sacra | 875 | 2,7 % | 8.951 | 2,9 % | 10 | 3,5 | 15,6 | 
| Ría de Muros e Noia | 870 | 2,6 % | 7.552 | 2,4 % | 9 | 19 | 18,8 | 
| Terras de Ourense e Allariz | 714 | 2,2 % | 6.230 | 2 % | 9 | 7,8 | 4,1 | 
| Deza - Tabeirós | 268 | 0,8 % | 3.133 | 1 % | 12 | 2,1 | 5 | 
| O Ribeiro | 265 | 0,8 % | 2.898 | 0,9 % | 11 | 2,9 | 6,6 | 
| Ancares - Courel | 247 | 0,8 % | 3.775 | 1,2 % | 15 | 1,7 | 23,9 | 
| Celanova - Limia | 175 | 0,5 % | 2.525 | 0,8 % | 15 | 1,4 | 6,3 | 
| Manzaneda - Trevinca | 144 | 0,4 % | 2.540 | 0,8 % | 18 | 1,8 | 8,8 | 
| Verín - Viana | 74 | 0,2 % | 1.370 | 0,4 % | 19 | 0,8 | 4,6 | 
| GALICIA | 32.915 | 100 % | 309.400 | 100 % | 12 | 16 | 13 | 
A área Ría de Arousa e O Salnés conta tamén cunha acumulación de prazas por km² moi superior a calquera outro, chegando a contar con 111,5 prazas por km².
A continuación amosamos o mapa de calor do conxunto de aloxamentos na área Ría de Arousa e O Salnés, vemos como a maior parte da oferta se concentra nas zonas de Sanxenxo e O Grove.
| Número | Porcentaxe | Número | Porcentaxe | Przas/Est | |
|---|---|---|---|---|---|
| SANXENXO | 3.506 | 10,7 % | 33.881 | 11 % | 10 | 
| VIGO | 2.532 | 7,7 % | 18.469 | 6 % | 7 | 
| A CORUÑA | 1.470 | 4,5 % | 11.575 | 3,7 % | 8 | 
| SANTIAGO DE COMPOSTELA | 982 | 3 % | 14.824 | 4,8 % | 16 | 
| O GROVE | 892 | 2,7 % | 11.340 | 3,7 % | 13 | 
| FOZ | 790 | 2,4 % | 5.118 | 1,7 % | 7 | 
| CANGAS | 736 | 2,2 % | 5.592 | 1,8 % | 8 | 
| VILAGARCÍA DE AROUSA | 647 | 2 % | 4.349 | 1,4 % | 7 | 
| POIO | 591 | 1,8 % | 4.806 | 1,6 % | 8 | 
| BARREIROS | 579 | 1,8 % | 4.607 | 1,5 % | 8 | 
| BAIONA | 552 | 1,7 % | 5.807 | 1,9 % | 11 | 
| PONTEVEDRA | 550 | 1,7 % | 4.402 | 1,4 % | 8 | 
| FISTERRA | 542 | 1,6 % | 3.508 | 1,1 % | 7 | 
| VIVEIRO | 533 | 1,6 % | 4.417 | 1,4 % | 8 | 
| RIBEIRA | 512 | 1,6 % | 4.059 | 1,3 % | 8 | 
| OURENSE | 507 | 1,5 % | 3.711 | 1,2 % | 7 | 
| NIGRÁN | 467 | 1,4 % | 4.904 | 1,6 % | 11 | 
| LUGO | 453 | 1,4 % | 5.133 | 1,7 % | 11 | 
| BUEU | 429 | 1,3 % | 2.874 | 0,9 % | 7 | 
| TOTAL | 17.270 | 53 % | 153.376 | 50 % | 9 | 
No mapa seguinte temos representados os concellos galegos segundo o número de prazas ofertadas. Vemos unha vez máis como os concellos que concentran o maior número de prazas son os que se atopan na zona litoral, coas excepcións de Lugo, Ourense e parte do Camiño Francés.
A seguinte táboa representa os concellos que contan cun maior número de prazas segundo o tipo de aloxamento. A maiores podemos observar tendencias como son a preferencia dos hoteis polas grandes cidades ou a preferencia dos apartamentos turísticos pola zona costeira.
| Tipo de aloxamento | Concello | Prazas | 
|---|---|---|
| HOTEIS | SANXENXO | 8138 | 
| HOTEIS | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 5658 | 
| HOTEIS | VIGO | 4935 | 
| HOTEIS | A CORUÑA | 3587 | 
| HOTEIS | O GROVE | 2980 | 
| HOTEIS | LUGO | 1849 | 
| PENSIÓNS | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 2553 | 
| PENSIÓNS | SANXENXO | 1144 | 
| PENSIÓNS | A CORUÑA | 1070 | 
| PENSIÓNS | O PINO | 668 | 
| PENSIÓNS | VIGO | 652 | 
| PENSIÓNS | SARRIA | 546 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | SANXENXO | 2617 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | VIGO | 785 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | VIVEIRO | 623 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | LUGO | 539 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | O GROVE | 511 | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | POIO | 455 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | SANXENXO | 4788 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | O GROVE | 2924 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | BAIONA | 1933 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | NIGRÁN | 1581 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | A GUARDA | 1443 | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | BARREIROS | 1263 | 
| TURISMO RURAL | ARZÚA | 219 | 
| TURISMO RURAL | A ESTRADA | 205 | 
| TURISMO RURAL | CAMBADOS | 124 | 
| TURISMO RURAL | FOLGOSO DO COUREL | 120 | 
| TURISMO RURAL | PANTÓN | 115 | 
| TURISMO RURAL | CHANTADA | 106 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 1941 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | SARRIA | 1141 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | ARZÚA | 1042 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | O PINO | 849 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | PALAS DE REI | 783 | 
| ALBERGUES TURÍSTICOS | PORTOMARÍN | 764 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | RIANXO | 50 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | POIO | 46 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | SOBER | 45 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | ALFOZ | 35 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | TRAZO | 34 | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | CANGAS | 33 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | SANXENXO | 17116 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | VIGO | 11241 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | A CORUÑA | 6788 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | O GROVE | 4447 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | FOZ | 3880 | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 3690 | 
Por último, os gráficos de barras amosan a concentración do número de prazas segundo a superficie (densidade da oferta turística) e o número de habitantes (intensidade da oferta turística). Séguese a observar unha clara tendencia de acumulación de prazas na zona litoral, así como tamén no Camiño de Santiago.
Destaca nestes gráficos a aparición de Mondariz-Balneario. Este concello non conta con tantas prazas como outros destinos costeiros, pero si conta cunha gran concentración por mor do seu tamaño reducido.
As zonas máis poboadas, as que se atopan na costa e polas que pasa o Camiño de Santiago son as zonas de maior concentración de aloxamentos turísticos en Galicia. No seguinte mapa represéntanse as localizacións dos establecementos existentes xunto coa delimitación do litoral abranguida polo Plan de Ordenación do Litoral (POL), as rutas dos principais Camiños de Santiago e o grao de urbanización da zona.
Para estudar o reparto segundo o grao de urbanización facemos a división en tres grupos como propón o IGE (GU 2016): Zonas Densamente Poboadas (ZDP), Zonas Intermedias (ZIP) e Zonas Pouco Poboadas (ZPP). Na táboa seguinte móstrase como arredor da metade dos aloxamentos turísticos se concentran en localidades que, maioritariamente situadas no litoral de Pontevedra, teñen o carácter de ZIP. As 7 grandes cidades (ZDP) son as que manteñen unha inferior proporción, ligada fundamentalmente a que son a categoría que abarca menos territorio.
| Establecementos | Prazas | Media | prazas por km2 | por 100 hab. | |
|---|---|---|---|---|---|
| ZDP | |||||
| ZDP | 18,8 % | 18,6 % | 9 | 52,3 | 6,6 | 
| ZIP | |||||
| ZIP alta | 40,6 % | 40,1 % | 9 | 41,3 | 14,6 | 
| ZIP baixa | 12,1 % | 11,2 % | 9 | 23,1 | 15,7 | 
| ZPP | |||||
| ZPP alta | 5,5 % | 5,9 % | 10 | 9,3 | 10,2 | 
| ZPP intermedia | 10,2 % | 9,2 % | 9 | 10,3 | 22,5 | 
| ZPP baixa | 12,9 % | 15 % | 11 | 2,5 | 12,4 | 
| Galicia | 100 % | 100 % | 10 | 23 | 14 | 
Apreciamos nos seguintes mapas como un gran número dos establecementos turísticos están situados na rexión abranguida polo POL.
Concretamente, dos 32.915 establecementos existentes en Galicia, o 78,2 % atópanse nas zonas costeiras supoñendo tamén o 71,7 % das prazas.
| Porcentaxe | Porcentaxe | Media | prazas por km2 | |
|---|---|---|---|---|
| Costa | 78,2 % | 71,7 % | 9 | 39,6 | 
| Interior | 21,8 % | 28,3 % | 12 | 3,7 | 
| Total | 100 % | 100 % | 10 | 22 | 
Se observamos cada tipo de establecemento por separado atopamos que algúns como os Albergues Turísticos ou os aloxamentos de Turismo Rural tenden a atoparse máis na zona interior, con só un 22,6 % e un 31,5 % de localizacións na costa respectivamente. Outros perfís de aloxamento como poden ser os Campamentos Turísticos ou os Apartamentos Turísticos aparecen con máis frecuencia nas zonas costeiras, co 87,2 % e o 74,7 %.
| Costa | Interior | |
|---|---|---|
| ALBERGUES TURÍSTICOS | 22,6 % | 77,4 % | 
| APARTAMENTOS TURÍSTICOS | 74,7 % | 25,3 % | 
| CAMPAMENTOS TURÍSTICOS | 87,2 % | 12,8 % | 
| HOTEIS | 65,8 % | 34,2 % | 
| PENSIÓNS | 48,5 % | 51,5 % | 
| TURISMO RURAL | 31,5 % | 68,5 % | 
| VIVENDAS DE USO TURÍSTICO | 81,5 % | 18,5 % | 
| VIVENDAS TURÍSTICAS | 51,8 % | 48,2 % | 
Tendo en conta os diferentes Camiños de Santiago, consideramos como “dentro do camiño” aqueles establecementos que se atopan a menos de 2km do trazado do mesmo. No caso de que un establecemento se atope a menos de 2km de dous ou máis camiños, asignarémoslle aquel que pase máis preto.
Deste xeito, podemos ver na seguinte táboa como o 31,5 % dos aloxamentos e o 36,6 % das prazas ofertadas en Galicia se atopan situadas nos Camiños de Santiago. Máis concretamente, os camiños de Fisterra-Muxía e Portugués da costa son os que contan con máis prazas e aloxamentos. Isto último está moi relacionado co feito de pasar ambos por zonas costeiras, sumando así aqueles aloxamentos destinados principalmente ao turismo de praia e non necesariamente ao Camiño de Santiago.
| Número | Porcentaxe | Número | Porcentaxe | Media | |
|---|---|---|---|---|---|
| Dentro do Camiño | 10.352 | 31,5 % | 113.249 | 36,6 % | 11 | 
| Fóra do Camiño | 22.548 | 68,5 % | 196.038 | 63,4 % | 9 | 
| Número | Porcentaxe | Número | Porcentaxe | Media | |
|---|---|---|---|---|---|
| Fisterra-Muxía | 1.691 | 16,3 % | 18.076 | 16 % | 11 | 
| Francés | 848 | 8,2 % | 15.984 | 14,1 % | 19 | 
| Inglés | 1.442 | 13,9 % | 15.168 | 13,4 % | 11 | 
| Inverno | 381 | 3,7 % | 5.078 | 4,5 % | 13 | 
| Mozárabe-Vía da prata | 354 | 3,4 % | 4.764 | 4,2 % | 14 | 
| Norte | 553 | 5,3 % | 5.733 | 5,1 % | 10 | 
| Portugués | 1.162 | 11,2 % | 12.066 | 10,7 % | 11 | 
| Portugués pola costa | 3.444 | 33,3 % | 31.143 | 27,5 % | 9 | 
| Primitivo | 477 | 4,6 % | 5.237 | 4,6 % | 11 | 
No seguinte mapa represéntanse os diferentes aloxamentos turísticos que podemos atopar ao longo dos principais Camiños de Santiago.