Defínese como vivenda de uso turístico (VUT) aquela que é cedida a terceiras persoas de xeito reiterado e a cambio dunha contraprestación económica. Estas cesións fanse para estadías inferiores a trinta días consecutivos en vivendas que se atopan equipadas e con todas as características establecidas por vía regulamentaria. As vivendas de uso turístico teñen ademais a peculiaridade de que poden ser ofertadas por particulares na súa propia vivenda.
Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia
(REAT), en xaneiro de 2026 existen en Galicia 32.055 aloxamentos
turísticos, dos cales 27.637 son vivendas de uso turístico. A evolución
do número de vivendas de uso turístico nos últimos meses compróbase na
anterior gráfica que reflicte a evolución do seu número fronte ao resto
de tipos de aloxamento que se recollen dentro do REAT (Hoteis,
Aloxamentos de turismo rural, Apartamentos turísticos, …).
## Warning: Computation failed in `stat_density2d()`.
## Caused by error in `precompute_2d_bw()`:
## ! `h` must be a vector of length 2, not length 1.
Na actualidade as vivendas de uso turístico representan o 86,2% do
total da oferta de aloxamentos, e recollen o 48,8% das prazas, estando
presentes nos diferentes concellos de Galicia.
As vivendas de uso turístico son o tipo de aloxamento turístico que
ofrece de media un número de prazas por aloxamento menor que outras
tipoloxías (5,4 prazas por aloxamento).
A pesar diso, as vivendas de uso turístico contan co maior número de
prazas ofertadas sobre o total de aloxamentos (48,8 %), seguido polos
hoteis (19,2%) e os campamentos turísticos (11,9%).
| Provincia | Vivendas | Prazas |
|---|---|---|
| PONTEVEDRA | 47,4 % | 47,5 % |
| A CORUÑA | 33,6 % | 33,8 % |
| LUGO | 15 % | 14,8 % |
| OURENSE | 4,1 % | 3,9 % |
| GALICIA | 100 % | 100 % |
En termos de zonas turísticas, atópase unha maior concentración na zona Ría de Arousa e O Salnés na que se localizan o 24,5% das vivendas de uso turístico de Galicia. As cinco zonas co maior número de vivendas deste tipo, representan o 69,9% do total de toda Galicia, o cal indica a concentración xeográfica das vivendas de uso turístico. Pola súa parte, o número medio de prazas por vivenda segundo zona, varía pouco tendo en conta a zona turística analizada.
| Xeodestinos | 1 ou 2 prazas | 3 ou 4 prazas | 5 ou 6 prazas | Máis de 6 prazas | Media de prazas |
|---|---|---|---|---|---|
| A CORUÑA E AS MARIÑAS | 7,8 % | 37,7 % | 35,3 % | 19,2 % | 5,3 |
| ANCARES - COUREL | 8 % | 24 % | 36 % | 32 % | 6,1 |
| CELANOVA - LIMIA | 7,9 % | 28,9 % | 28,1 % | 35,1 % | 6,2 |
| COSTA DA MORTE | 5,9 % | 37,2 % | 36,2 % | 20,8 % | 5,4 |
| DEZA - TABEIRÓS | 3,7 % | 25,2 % | 28,2 % | 42,9 % | 6,9 |
| FERROLTERRA | 6,1 % | 35,9 % | 36,8 % | 21,2 % | 5,4 |
| LUGO E A TERRA CHÁ | 5,8 % | 29,8 % | 37,4 % | 26,9 % | 5,6 |
| MANZANEDA - TREVINCA | 11,3 % | 31 % | 35,2 % | 22,5 % | 5,5 |
| MARIÑA LUCENSE | 5,4 % | 41,6 % | 35,5 % | 17,4 % | 5,2 |
| O RIBEIRO | 11,1 % | 31,1 % | 27,4 % | 30,5 % | 5,7 |
| RIBEIRA SACRA | 10,2 % | 29,5 % | 34,6 % | 25,7 % | 5,7 |
| RÍA DE AROUSA E O SALNÉS | 5,6 % | 38,3 % | 36,7 % | 19,4 % | 5,4 |
| RÍA DE MUROS E NOIA | 5,9 % | 32,3 % | 35,7 % | 26,1 % | 5,7 |
| RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO | 12,4 % | 36,4 % | 29,7 % | 21,5 % | 5,3 |
| RÍA E TERRAS DE PONTEVEDRA | 6,2 % | 31,9 % | 39,2 % | 22,7 % | 5,6 |
| TERRAS DE OURENSE E ALLARIZ | 15 % | 39,5 % | 30,1 % | 15,4 % | 4,8 |
| TERRAS DE SANTIAGO | 7 % | 30,6 % | 34,4 % | 27,9 % | 5,8 |
| VERÍN - VIANA | 11,8 % | 35,3 % | 17,6 % | 35,3 % | 5,3 |
| MEDIA GALICIA | 7,4 % | 36,2 % | 35,1 % | 21,3 % | 5,4 |
| Concello | Prazas en VUT | Porcentaxe do total |
|---|---|---|
| SANXENXO | 17.070 | 11,4% |
| VIGO | 9.718 | 6,5% |
| A CORUÑA | 6.492 | 4,3% |
| O GROVE | 4.561 | 3% |
| FOZ | 3.727 | 2,5% |
| CANGAS | 3.573 | 2,4% |
| SANTIAGO DE COMPOSTELA | 3.322 | 2,2% |
| VILAGARCÍA DE AROUSA | 3.138 | 2,1% |
| POIO | 2.962 | 2% |
| BARREIROS | 2.799 | 1,9% |
| BAIONA | 2.680 | 1,8% |
| NIGRÁN | 2.610 | 1,7% |
| VIVEIRO | 2.590 | 1,7% |
| RIBEIRA | 2.521 | 1,7% |
| PONTEVEDRA | 2.455 | 1,6% |
A concentración das vivendas de uso turístico estúdiase agora segundo dúas variables: A superfice e o número de habitantes do concello. Tendo en conta o número de prazas por quilómetro cadrado do concello, Sanxenxo é o que máis destaca, con 378,7 prazas por quilómetro cadrado, seguido de O Grove e A Coruña con 208,4 e 171,6 prazas por quilómetro cadrado respectivamente.
| Concello | Prazas/km2 |
|---|---|
| SANXENXO | 378,7 |
| O GROVE | 208,4 |
| A CORUÑA | 171,6 |
| A ILLA DE AROUSA | 150,5 |
| BURELA | 143,7 |
| CORCUBIÓN | 95,2 |
| CANGAS | 93,8 |
| MONDARIZ-BALNEARIO | 90 |
| VIGO | 89,1 |
| POIO | 87,3 |
| Concello | Prazas cada 1.000 habitantes |
|---|---|
| SANXENXO | 947,5 |
| BARREIROS | 921,9 |
| CARNOTA | 519,6 |
| FISTERRA | 469,1 |
| O VICEDO | 466,8 |
| O GROVE | 421 |
| CORCUBIÓN | 374,3 |
| FOZ | 360,8 |
| MAÑÓN | 358 |
| LAXE | 315,3 |
Para levar a cabo o estudo tendo en conta o grao de urbanización dos
concellos, divídense estes en tres grupos diferenciados, tal e como
propón o IGE (GU
2016): Zonas Desamente Poboadas (ZDP), Zonas Intermedias (ZIP) e
zonas Pouco Poboadas (ZPP). Tal e como se recolle na seguinte figura, o
53,3% das prazas atópanse en zonas intermedias (zip).
As “Vivendas Turísticas” e os “Apartamentos Turísticos” son as
tipoloxias de aloxamento cunhas características similares ás “Vivendas
de Uso Turístico”, motivo polo cal se poden considerar como competidores
próximos das mesmas. A seguinte figura representa a comparativa entre os
diferentes tipos de aloxamento dentro desta competencia. As vivendas de
uso turístico son o 97,3% dos aloxamentos destas tres tipoloxías e o
92,8% en termos de prazas.
En canto á súa distribución polos concellos de Galicia, recóllense os seguintes cadros comparativos tendo en conta as diferentes tipoloxías. Por un lado está a distribución por concellos das vivendas de uso turístico, a distribución por concellos dos competidores próximos, é dicir, vivendas turísticas e apartamentos turísticos e finalmente outros competidores que son o conxunto de resto de tipoloxías: Hoteis, campamentos turísticos, pensión,…
| ALOXAMENTOS | PRAZAS |
|---|---|
| SANXENXO (11,7%) | SANXENXO (11,4%) |
| VIGO (7,5%) | VIGO (6,5%) |
| A CORUÑA (4,8%) | A CORUÑA (4,3%) |
| O GROVE (2,9%) | O GROVE (3%) |
| FOZ (2,7%) | FOZ (2,5%) |
| CANGAS (2,4%) | CANGAS (2,4%) |
| SANTIAGO DE COMPOSTELA (2,3%) | SANTIAGO DE COMPOSTELA (2,2%) |
| VILAGARCÍA DE AROUSA (2,2%) | VILAGARCÍA DE AROUSA (2,1%) |
| BARREIROS (2%) | POIO (2%) |
| POIO (1,9%) | BARREIROS (1,9%) |
| ALOXAMENTOS | PRAZAS |
|---|---|
| SANXENXO (8,7%) | SANXENXO (22,8%) |
| SANTIAGO DE COMPOSTELA (4,5%) | VIGO (6,9%) |
| MUXÍA (4%) | VIVEIRO (5,4%) |
| RIBADEO (3%) | LUGO (4,7%) |
| CANGAS (2,8%) | O GROVE (4,6%) |
| FISTERRA (2,5%) | POIO (4,3%) |
| O GROVE (2,5%) | CANGAS (3%) |
| POIO (2,4%) | RIBADEO (3%) |
| SOBER (2%) | A POBRA DE TRIVES (2,3%) |
| OUTES (1,8%) | FOZ (1,9%) |
| ALOXAMENTOS | PRAZAS |
|---|---|
| SANTIAGO DE COMPOSTELA (6,8%) | SANXENXO (10%) |
| SANXENXO (5,5%) | SANTIAGO DE COMPOSTELA (7,6%) |
| VIGO (2,5%) | VIGO (4,4%) |
| O PINO (2,3%) | O GROVE (4,4%) |
| SARRIA (2,2%) | A CORUÑA (3,1%) |
| O GROVE (2,2%) | BAIONA (2%) |
| ARZÚA (2,1%) | LUGO (1,8%) |
| A CORUÑA (2%) | SARRIA (1,6%) |
| PALAS DE REI (1,8%) | NIGRÁN (1,6%) |
| LUGO (1,7%) | ARZÚA (1,5%) |
| Número de VUT | Nº empresas | Nº de persoas | Total de vivendas |
|---|---|---|---|
| 1 | 819 | 16.850 | 17.669 |
| 2 | 202 | 1.929 | 4.262 |
| 3 | 83 | 499 | 1.746 |
| 4 | 55 | 190 | 980 |
| 5 | 28 | 84 | 560 |
| 6 | 26 | 53 | 474 |
| 7 | 15 | 20 | 245 |
| 8 | 18 | 15 | 264 |
| 9 | 7 | 12 | 171 |
| >10 | 49 | 20 | 1.266 |
Tendo en conta agora aos propietarios segundo o número de vivendas das que son posuidores, o 63,9% das vivendas pertencen a un só propietario.
A seguinte figura amosa a provincia de procedencia das empresas propietarias das vivendas de uso turístico presentes en Galicia.Concentración xeográficas das vivendas de uso turístico nas zonas costeiras