Definición

Definimos como vivenda de uso turístico (VUT) aquela que é cedida a terceiras persoas de xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica. Estas cesións fanse para estadías inferiores a trinta días consecutivos en vivendas que se atopan equipadas e con todas as características establecidas por vía regulamentaria. As VUT teñen ademais a peculiaridade de que poden ser ofertadas por particulares na súa propia vivenda.

Introdución

Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT) a 01-10-2020 existen en Galicia 15706 aloxamentos turísticos, dos cales 11875 son vivendas de uso turístico. Estas cifras móstrannos o estendido que está na nosa comunidade este perfil de aloxamento, o cal aumentou nos últimos anos de forma extaordinaria.

Para facernos unha idea do protagonismo que está a coller, mostramos a continuación o incremento no número de aloxamentos dende xuño de 2017, mes no que se incorporou a categoría de "Vivendas de Uso Turístico".

Vemos como dende os primeiros meses o número de VUT comezou a aumentar a un ritmo inusual e moi superior ao de calquera outro tipo de aloxamento. Dende xuño de 2017, outros establecementos como os Apartamentos Turísticos ou os Albergues aumentaron o seu número nun 137.33% e un 129.64% respectivamente. Neste tempo, as VUT aumentaron nun 2190.96%, pasando de 542 vivendas a 11875 no mes actual.

Así, na actualidade as VUT engloban un 75.61% do total da oferta de aloxamentos, estando repartidas pola maioría dos concellos de Galicia pero con máis presencia nos das provincias de Pontevedra (92.06%) e A Coruña (91.58%).

Nos seguintes apartados analizaremos como se distribúen as VUT en Galicia tendo en conta os principais destinos turísticos, veremos tamén o número de prazas que abranguen e como se sitúan con respecto aos demais tipos de aloxamento.

Análise do número de prazas

A seguinte gráfica móstranos como as VUT son o tipo de aloxamento turístico que oferta de media un número menor de prazas. Esta característica supón que a pesar de abarcar o 75.61% do total de aloxamentos ofertados, englobe só un 30.04% do total das prazas.

A pesar disto, as VUT contan co maior número de prazas ofertadas (30.03%), seguidos polos hoteis cun 26.89% e os campamentos turísticos cun 16.42%.

Análise por rexións

Se nos fixamos no reparto por provincias, vemos na seguinte táboa como a maior parte das VUT se sitúan na provincia de Pontevedra, cun 47.21% do total de VUT e un 46.64% do total das prazas. A provincia con menor cantidade deste tipo de aloxamentos é Ourense, que conta cun 3.64% do total de VUT e un 3.77% do total das prazas.

Vivendas Prazas
Pontevedra 47.21 % 46.64 %
A Coruña 36.12 % 36.73 %
Lugo 13.03 % 12.86 %
Ourense 3.64 % 3.77 %

Máis concretamente, se temos en conta o reparto por xeodestinos, atopamos a maior concentración de VUT na zona das Rías Baixas. Neste territorio localízanse o 52.88% das VUT de Galicia. Vemos tamén como os 5 xeodestinos principais abranguen o 92.5% de todas as VUT, o cal é indicativo da gran concentración que podemos atopar nestas zonas.

O número de prazas varía pouco dependendo da zona na que se atopa a vivenda, situándose a media total de Galicia en 5.32 prazas por VUT e tendo o 70.85% destes aloxamentos entre 3 e 6 prazas.

1 ou 2 prazas 3 ou 4 prazas 5 ou 6 prazas > 6 prazas Media de prazas
Rías Altas 8.51 % 35.71 % 36.92 % 18.86 % 5.34
Terras de Santiago 7.16 % 33.21 % 37.02 % 22.61 % 5.47
Rías Baixas 11.03 % 36.32 % 33.57 % 19.08 % 5.24
Costa da Morte 5.71 % 37.75 % 35.92 % 20.62 % 5.49
Lugo e a Terra Chá 6.53 % 32.25 % 36.73 % 24.49 % 5.61
Mariña Lucense 7.74 % 44.26 % 32 % 16 % 5.08
Ancares-Courel 8 % 32 % 32 % 28 % 5.92
Ribeira Sacra 7.82 % 29.05 % 31.29 % 31.84 % 5.90
Terras de Ourense-Allariz 10.92 % 38.24 % 33.61 % 17.23 % 5.10
O Ribeiro 5.88 % 23.53 % 38.82 % 31.77 % 6.08
Celanova-Limia 5.13 % 30.77 % 28.2 % 35.9 % 6.56
Manzaneda-Trevinca 6.67 % 40 % 33.33 % 20 % 5.13
Verín-Viana 0 % 0 % 33.33 % 66.67 % 8.33
Deza-Tabeirós 3.28 % 22.95 % 19.67 % 54.1 % 7.39
Media Galicia 9.29 % 36.55 % 34.3 % 19.86 % 5.32

Cando analizamos o reparto por concellos vemos como destaca Sanxenxo por encima de todos cun 16.09 %% do total das prazas, seguido por Santiago de Compostela cun 5.95 %%. Na seguinte táboa podemos ver todos os concellos que contan cunha porcentaxe das prazas superior ao 1.5%.

Prazas en VUT Porcentaxe do total
SANXENXO 10168 16.09 %
SANTIAGO DE COMPOSTELA 3758 5.95 %
O GROVE 2162 3.42 %
A CORUÑA 2103 3.33 %
VIGO 1998 3.16 %
CANGAS 1615 2.56 %
BARREIROS 1569 2.48 %
FOZ 1560 2.47 %
POIO 1530 2.42 %
CARNOTA 1247 1.97 %
FISTERRA 1228 1.94 %
BUEU 1153 1.82 %
PONTEVEDRA 1047 1.66 %
BAIONA 990 1.57 %

Estudando a concentración de VUT segundo a superficie e segundo o número de habitantes podemos ver como Sanxenxo segue sendo o concello que máis destaca, con 225.55 prazas por \(km^2\) e 586.15 prazas por cada mil habitantes. Cabe destacar tamén o caso de Barreiros, que a pesar de ter só 21.67 prazas por \(km^2\) é o segundo concello con máis prazas por número de habitantes, achegándose moito a Sanxenxo con 534.76 prazas por cada mil habitantes. Nas seguintes táboa vemos os 10 concellos con máis concentración de prazas segundo o número de habitantes e segundo a superficie. Vemos tamén dous mapas nos que se representan todos os concellos de Galicia segundo o grao de concentración de prazas en VUT.

Concello Prazas/km2
SANXENXO 225.55
O GROVE 98.77
A ILLA DE AROUSA 91.17
A CORUÑA 55.59
POIO 45.09
CANGAS 42.41
FISTERRA 41.73
MONDARIZ-BALNEARIO 38.10
BUEU 37.39
CORCUBIÓN 33.44
Concello Prazas cada mil habitantes
SANXENXO 586.15
BARREIROS 534.76
CARNOTA 315.14
FISTERRA 260.83
O GROVE 203.00
O VICEDO 180.30
LAXE 158.16
FOZ 156.31
CORCUBIÓN 137.19
MONDARIZ-BALNEARIO 136.65

Para estudar o reparto segundo o grao de urbanización dos concellos facemos a división en tres grupos como propón o IGE (GU 2016): Zonas Densamente Poboadas (ZDP), Zonas Intermedias (ZIP) e Zonas Pouco Poboadas (ZPP). Arredor da metade das VUT concéntranse en localidades que, maioritariamente situadas no litoral de Pontevedra, teñen o carácter de ZIP. As 7 grandes cidades (ZDP) son as que manteñen unha inferior proporción, ligada en parte á maior presenza doutros tipos de aloxamento.

Estudo da competencia

As "Vivendas Turísticas" e os "Apartamentos Turísticos" son os tipos de aloxamento con características máis similares ás VUT. É por isto que se poden considerar como os seu competidores próximos. Na seguinte gráfica vemos como as VUT son as grandes vencedoras dentro desta competencia, ao contar co 95.8% dos aloxamentos e o 84.72% das prazas.

Na seguinte táboa podemos ver como as VUT se concentran, coa excepción de Santiago de Compostela, en concellos litorais distribuídos por toda a costa. Nos competidores próximos (Vivendas Turísticas e Apartamentos Turísticos) existe unha vinculación co litoral pero gañan peso concellos da costa atlántica. Na categoría de outros competidores comezan a aparecer concellos do interior cunha oferta vencellada ao Camiño de Santiago e, consecuentemente, á existencia de albergues.

VIVENDAS DE USO TURÍSTICO
COMPETIDORES PRÓXIMOS
OUTROS COMPETIDORES
ALOXAMENTOS
PRAZAS
ALOXAMENTOS
PRAZAS
ALOXAMENTOS
PRAZAS
Concello % Concello % Concello % Concello % Concello % Concello %
SANXENXO 16.48 SANXENXO 16.09 SANXENXO 8.64 SANXENXO 24.04 SANTIAGO DE COMPOSTELA 7.16 SANXENXO 10.03
SANTIAGO DE COMPOSTELA 6.19 SANTIAGO DE COMPOSTELA 5.95 SANTIAGO DE COMPOSTELA 4.61 VIVEIRO 5.03 SANXENXO 6.10 SANTIAGO DE COMPOSTELA 8.59
VIGO 4.32 O GROVE 3.42 MUXÍA 3.45 POIO 4.69 VIGO 2.72 O GROVE 4.48
A CORUÑA 3.84 A CORUÑA 3.33 CANGAS 3.07 O GROVE 4.36 O PINO 2.30 VIGO 4.22
O GROVE 3.25 VIGO 3.16 O GROVE 2.88 CANGAS 3.33 O GROVE 2.24 A CORUÑA 3.45
CANGAS 2.84 CANGAS 2.56 POIO 2.88 MEAÑO 2.74 A CORUÑA 2.21 BAIONA 2.11
FOZ 2.76 BARREIROS 2.48 RIBADEO 2.69 OLEIROS 2.63 SARRIA 2.08 NIGRÁN 1.61
BARREIROS 2.60 FOZ 2.47 OUTES 2.11 RIBADEO 2.57 ARZÚA 2.02 SARRIA 1.59
POIO 2.32 POIO 2.42 CABANA DE BERGANTIÑOS 1.92 VIGO 2.53 PALAS DE REI 1.54 LUGO 1.53
FISTERRA 2.05 CARNOTA 1.97 FISTERRA 1.73 A POBRA DE TRIVES 2.39 LUGO 1.48 A GUARDA 1.44

Presenza no Camiño de Santiago

A existencia de albergues fai que as VUT non teñan unha gran presenza nos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago. Vemos na seguinte gráfica como a presenza de VUT no Camiño Francés baixa moito con respecto ao total de Galicia, pasando de supoñer o 75.61% do total de aloxamentos e o 30.04% do total das prazas a abarcar o 56.76% dos aloxamentos e o 17.99% das prazas. A gráfica mostra tamén como o Camiño de Fisterra ten cifras semellantes ás do total de Galicia, pero esta situación está relacionada co feito de que este camiño pasa por moitos concellos da Costa da Morte, os cales teñen unha importante concentración de VUT.

Mapas

Por último mostramos os seguintes mapas nos cales podemos observar a distribución das 11875 VUT que podemos atopar en Galicia. Inclúese tamén un detalle de cada un dos xeodestinos costeiros onde máis concentración atopamos deste tipo de aloxamento.