Definición

Definimos como vivenda de uso turístico (VUT) aquela que é cedida a terceiras persoas de xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica. Estas cesións fanse para estadías inferiores a trinta días consecutivos en vivendas que se atopan equipadas e con todas as características establecidas por vía regulamentaria. As VUT teñen ademais a peculiaridade de que poden ser ofertadas por particulares na súa propia vivenda.

Introdución

Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT) a 01-12-2020 existen en Galicia 15.901 aloxamentos turísticos, dos cales 12.041 son vivendas de uso turístico. Estas cifras móstrannos o estendido que está na nosa comunidade este perfil de aloxamento, o cal aumentou nos últimos anos de forma extaordinaria.

Para facernos unha idea do protagonismo que está a coller, mostramos a continuación o incremento no número de aloxamentos dende xuño de 2017, mes no que se incorporou a categoría de "Vivendas de Uso Turístico".

Vemos como dende os primeiros meses o número de VUT comezou a aumentar a un ritmo inusual e moi superior ao de calquera outro tipo de aloxamento. Dende xuño de 2017, outros establecementos como os Apartamentos Turísticos ou os Albergues aumentaron o seu número nun 135,94% e un 129,04% respectivamente. Neste tempo, as VUT aumentaron nun 2.123,8%, pasando de 542 vivendas a 12.041 no mes actual.

Así, na actualidade as VUT engloban un 75,72% do total da oferta de aloxamentos, estando repartidas pola maioría dos concellos de Galicia pero con máis presencia nos das provincias de Pontevedra (73%) e A Coruña (69,5%).

Nos seguintes apartados analizaremos como se distribúen as VUT en Galicia tendo en conta os principais destinos turísticos, veremos tamén o número de prazas que abranguen e como se sitúan con respecto aos demais tipos de aloxamento.

Análise do número de prazas

A seguinte gráfica móstranos como as VUT son o tipo de aloxamento turístico que oferta de media un número menor de prazas. Esta característica supón que a pesar de abarcar o 75,72% do total de aloxamentos ofertados, englobe só un 30,22% do total das prazas.

A pesar disto, as VUT contan co maior número de prazas ofertadas (30,2%), seguidos polos hoteis cun 26,7% e os campamentos turísticos cun 16,4%.

Análise por rexións

Se nos fixamos no reparto por provincias, vemos na seguinte táboa como a maior parte das VUT se sitúan na provincia de Pontevedra, cun 42,3% do total de VUT e un 41,2% do total das prazas. A provincia con menor cantidade deste tipo de aloxamentos é Ourense, que conta cun 3% do total de VUT e un 3,1% do total das prazas.

Vivendas Prazas
Pontevedra 42.3 % 41.2 %
A Coruña 24.9 % 25.6 %
Lugo 12.2 % 11.9 %
Ourense 3 % 3.1 %
Total 100% 100%

Máis concretamente, se temos en conta o reparto por xeodestinos, atopamos a maior concentración de VUT na zona da Ría de Arousa e O Salnés. Neste territorio localízanse o 28% das VUT de Galicia. Vemos tamén como os 6 xeodestinos principais abranguen o 79,44% de todas as VUT, o cal é indicativo da gran concentración que podemos atopar nestas zonas.

O número de prazas varía pouco dependendo da zona na que se atopa a vivenda, situándose a media total de Galicia en 5,3 prazas por VUT e tendo o 70,71% destes aloxamentos entre 3 e 6 prazas.

1 ou 2 prazas 3 ou 4 prazas 5 ou 6 prazas > 6 prazas Media de prazas
A CORUÑA E AS MARIÑAS 11 % 35.2 % 37.9 % 15.9 % 5.2
ANCARES - COUREL 11.5 % 30.8 % 30.8 % 26.9 % 5.8
CELANOVA - LIMIA 7.5 % 30 % 27.5 % 35 % 6.4
COSTA DA MORTE 5.7 % 37.8 % 35.6 % 20.9 % 5.5
DEZA - TABEIRÓS 3.2 % 22.6 % 19.4 % 54.8 % 7.4
FERROLTERRA 4.9 % 35.7 % 35.7 % 23.7 % 5.6
LUGO E A TERRA CHÁ 6.6 % 32.1 % 36.6 % 24.7 % 5.6
MANZANEDA - TREVINCA 6.7 % 40 % 33.3 % 20 % 5.1
MARIÑA LUCENSE 7.7 % 44.6 % 31.8 % 16 % 5.1
O RIBEIRO 6 % 23.8 % 38.1 % 32.1 % 6.1
RÍA DE AROUSA E O SALNÉS 7.9 % 38.4 % 35.1 % 18.5 % 5.3
RÍA DE MUROS E NOIA 6.4 % 36.3 % 31.7 % 25.6 % 5.6
RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO 19.6 % 35.6 % 25.7 % 19.1 % 5.0
RÍA E TERRAS DE PONTEVEDRA 11.9 % 31.3 % 37.7 % 19 % 5.3
RIBEIRA SACRA 8.2 % 28.6 % 31.9 % 31.3 % 5.9
TERRAS DE OURENSE E ALLARIZ 11 % 38.8 % 33.3 % 16.9 % 5.1
TERRAS DE SANTIAGO 7.3 % 33.2 % 36.8 % 22.7 % 5.5
VERÍN - VIANA 0 % 0 % 33.3 % 66.7 % 8.3
MEDIA GALICIA 9.4 % 36.5 % 34.2 % 19.9 % 5.3

Cando analizamos o reparto por concellos vemos como destaca Sanxenxo por encima de todos cun 15,9 % do total das prazas, seguido por Santiago de Compostela cun 5,9 %. Na seguinte táboa podemos ver todos os concellos que contan cunha porcentaxe das prazas superior ao 1,5%.

Prazas en VUT Porcentaxe do total
SANXENXO 10196 15.9 %
SANTIAGO DE COMPOSTELA 3766 5.9 %
O GROVE 2178 3.4 %
A CORUÑA 2090 3.3 %
VIGO 2045 3.2 %
CANGAS 1739 2.7 %
FOZ 1578 2.5 %
BARREIROS 1569 2.4 %
POIO 1534 2.4 %
CARNOTA 1259 2 %
FISTERRA 1238 1.9 %
BUEU 1174 1.8 %
PONTEVEDRA 1072 1.7 %
BAIONA 999 1.6 %

Estudando a concentración de VUT segundo a superficie e segundo o número de habitantes podemos ver como Sanxenxo segue sendo o concello que máis destaca, con 226,2 prazas por \(km^2\) e 587,8 prazas por cada mil habitantes. Cabe destacar tamén o caso de Barreiros, que a pesar de ter só 21,67 prazas por \(km^2\) é o segundo concello con máis prazas por número de habitantes, achegándose moito a Sanxenxo con 534,76 prazas por cada mil habitantes. Nas seguintes táboa vemos os 10 concellos con máis concentración de prazas segundo o número de habitantes e segundo a superficie. Vemos tamén dous mapas nos que se representan todos os concellos de Galicia segundo o grao de concentración de prazas en VUT.

Concello Prazas/km2
SANXENXO 226.2
O GROVE 99.5
A ILLA DE AROUSA 93.1
A CORUÑA 55.2
CANGAS 45.7
POIO 45.2
FISTERRA 42.1
MONDARIZ-BALNEARIO 40.3
BUEU 38.1
CORCUBIÓN 35.6
Concello Prazas cada mil habitantes
SANXENXO 587.8
BARREIROS 534.8
CARNOTA 318.2
FISTERRA 263.0
O GROVE 204.5
O VICEDO 182.1
FOZ 158.1
LAXE 156.5
CORCUBIÓN 146.0
MONDARIZ-BALNEARIO 144.4