Definimos como vivenda de uso turístico (VUT) aquela que é cedida a terceiras persoas de xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica. Estas cesións fanse para estadías inferiores a trinta días consecutivos en vivendas que se atopan equipadas e con todas as características establecidas por vía regulamentaria. As VUT teñen ademais a peculiaridade de que poden ser ofertadas por particulares na súa propia vivenda.
Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT) a 01-01-2021 existen en Galicia 15.938 aloxamentos turísticos, dos cales 12.070 son vivendas de uso turístico. Estas cifras móstrannos o estendido que está na nosa comunidade este perfil de aloxamento, o cal aumentou nos últimos anos de forma extaordinaria.
Para facernos unha idea do protagonismo que está a coller, mostramos a continuación o incremento no número de aloxamentos dende xuño de 2017, mes no que se incorporou a categoría de "Vivendas de Uso Turístico".
Vemos como dende os primeiros meses o número de VUT comezou a aumentar a un ritmo inusual e moi superior ao de calquera outro tipo de aloxamento. Dende xuño de 2017, outros establecementos como os Apartamentos Turísticos ou os Albergues aumentaron o seu número nun 144,7% e un 132,04% respectivamente. Neste tempo, as VUT aumentaron nun 2.226,94%, pasando de 542 vivendas a 12.070 no mes actual.
Así, na actualidade as VUT engloban un 75,73% do total da oferta de aloxamentos, estando repartidas pola maioría dos concellos de Galicia pero con máis presencia nos das provincias de Pontevedra (92,1%) e A Coruña (91,6%).
Nos seguintes apartados analizaremos como se distribúen as VUT en Galicia tendo en conta os principais destinos turísticos, veremos tamén o número de prazas que abranguen e como se sitúan con respecto aos demais tipos de aloxamento.
A seguinte gráfica móstranos como as VUT son o tipo de aloxamento turístico que oferta de media un número menor de prazas. Esta característica supón que a pesar de abarcar o 75,73% do total de aloxamentos ofertados, englobe só un 31,24% do total das prazas.
A pesar disto, as VUT contan co maior número de prazas ofertadas (31,2%), seguidos polos hoteis cun 27,6% e os campamentos turísticos cun 13,5%.
Se nos fixamos no reparto por provincias, vemos na seguinte táboa como a maior parte das VUT se sitúan na provincia de Pontevedra, cun 47,4% do total de VUT e un 46,8% do total das prazas. A provincia con menor cantidade deste tipo de aloxamentos é Ourense, que conta cun 3,6% do total de VUT e un 3,7% do total das prazas.
Vivendas | Prazas | |
---|---|---|
Pontevedra | 47.4 % | 46.8 % |
A Coruña | 36 % | 36.7 % |
Lugo | 13 % | 12.8 % |
Ourense | 3.6 % | 3.7 % |
Total | 100% | 100% |
Máis concretamente, se temos en conta o reparto por xeodestinos, atopamos a maior concentración de VUT na zona da Ría de Arousa e O Salnés. Neste territorio localízanse o 28% das VUT de Galicia. Vemos tamén como os 6 xeodestinos principais abranguen o 79,31% de todas as VUT, o cal é indicativo da gran concentración que podemos atopar nestas zonas.
O número de prazas varía pouco dependendo da zona na que se atopa a vivenda, situándose a media total de Galicia en 5,3 prazas por VUT e tendo o 70,73% destes aloxamentos entre 3 e 6 prazas.
1 ou 2 prazas | 3 ou 4 prazas | 5 ou 6 prazas | > 6 prazas | Media de prazas | |
---|---|---|---|---|---|
A CORUÑA E AS MARIÑAS | 10.9 % | 35.4 % | 37.9 % | 15.8 % | 5.2 |
ANCARES - COUREL | 11.5 % | 30.8 % | 30.8 % | 26.9 % | 5.8 |
CELANOVA - LIMIA | 7.7 % | 30.8 % | 28.2 % | 33.3 % | 6.4 |
COSTA DA MORTE | 5.7 % | 37.8 % | 35.8 % | 20.8 % | 5.5 |
DEZA - TABEIRÓS | 3.2 % | 22.2 % | 20.6 % | 54 % | 7.4 |
FERROLTERRA | 4.9 % | 35.7 % | 35.8 % | 23.6 % | 5.6 |
LUGO E A TERRA CHÁ | 6.6 % | 32.1 % | 36.6 % | 24.7 % | 5.6 |
MANZANEDA - TREVINCA | 12.5 % | 37.5 % | 31.2 % | 18.8 % | 4.8 |
MARIÑA LUCENSE | 7.6 % | 44.6 % | 31.7 % | 16 % | 5.1 |
O RIBEIRO | 5.9 % | 25.9 % | 37.6 % | 30.6 % | 5.9 |
RÍA DE AROUSA E O SALNÉS | 8 % | 38.4 % | 35.1 % | 18.5 % | 5.3 |
RÍA DE MUROS E NOIA | 6.4 % | 36.1 % | 31.8 % | 25.7 % | 5.6 |
RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO | 19.6 % | 35.8 % | 25.6 % | 19 % | 5.0 |
RÍA E TERRAS DE PONTEVEDRA | 11.9 % | 31.3 % | 37.6 % | 19.1 % | 5.3 |
RIBEIRA SACRA | 9.1 % | 28.5 % | 31.7 % | 30.6 % | 5.8 |
TERRAS DE OURENSE E ALLARIZ | 10.9 % | 38.9 % | 33.5 % | 16.7 % | 5.1 |
TERRAS DE SANTIAGO | 7.3 % | 33.1 % | 36.8 % | 22.8 % | 5.5 |
VERÍN - VIANA | 0 % | 0 % | 33.3 % | 66.7 % | 8.3 |
MEDIA GALICIA | 9.4 % | 36.5 % | 34.2 % | 19.9 % | 5.3 |
Cando analizamos o reparto por concellos vemos como destaca Sanxenxo por encima de todos cun 15,9 % do total das prazas, seguido por Santiago de Compostela cun 5,8 %. Na seguinte táboa podemos ver todos os concellos que contan cunha porcentaxe das prazas superior ao 1,5%.
Prazas en VUT | Porcentaxe do total | |
---|---|---|
SANXENXO | 10188 | 15.9 % |
SANTIAGO DE COMPOSTELA | 3746 | 5.8 % |
O GROVE | 2178 | 3.4 % |
A CORUÑA | 2094 | 3.3 % |
VIGO | 2045 | 3.2 % |
CANGAS | 1747 | 2.7 % |
FOZ | 1581 | 2.5 % |
BARREIROS | 1569 | 2.4 % |
POIO | 1527 | 2.4 % |
CARNOTA | 1259 | 2 % |
FISTERRA | 1238 | 1.9 % |
BUEU | 1174 | 1.8 % |
PONTEVEDRA | 1063 | 1.7 % |
Estudando a concentración de VUT segundo a superficie e segundo o número de habitantes podemos ver como Sanxenxo segue sendo o concello que máis destaca, con 226 prazas por \(km^2\) e 587,3 prazas por cada mil habitantes. Cabe destacar tamén o caso de Barreiros, que a pesar de ter só 21,67 prazas por \(km^2\) é o segundo concello con máis prazas por número de habitantes, achegándose moito a Sanxenxo con 534,76 prazas por cada mil habitantes. Nas seguintes táboa vemos os 10 concellos con máis concentración de prazas segundo o número de habitantes e segundo a superficie. Vemos tamén dous mapas nos que se representan todos os concellos de Galicia segundo o grao de concentración de prazas en VUT.
Concello | Prazas/km2 |
---|---|
SANXENXO | 226.0 |
O GROVE | 99.5 |
A ILLA DE AROUSA | 93.1 |
A CORUÑA | 55.4 |
CANGAS | 45.9 |
POIO | 45.0 |
FISTERRA | 42.1 |
MONDARIZ-BALNEARIO | 40.3 |
BUEU | 38.1 |
CORCUBIÓN | 35.0 |
Concello | Prazas cada mil habitantes |
---|---|
SANXENXO | 587.3 |
BARREIROS | 534.8 |
CARNOTA | 318.2 |
FISTERRA | 263.0 |
O GROVE | 204.5 |
O VICEDO | 182.1 |
LAXE | 158.5 |
FOZ | 158.4 |
MONDARIZ-BALNEARIO | 144.4 |
CORCUBIÓN | 143.5 |