Turista: persoa que pasa a noite na zona de estudo pero que pasa alí menos de 22 noites das últimas 56.
Excursionista: persoa observada máis de 2h na zona de estudo, que non realizou máis de 5 excursións a esa zona nos últimos 15 días, que non pasa esa noite nin pasou máis de 21 noites das últimas 56.
Nacional: persoa cuxo teléfono móbil ten a súa dirección de facturación dentro de España.
Estranxeiro: persoa cuxo teléfono móbil ten a súa dirección de facturación fóra de España.
A Coruña: concello de A Coruña
A Illa de Arousa: concello de A Illa de Arousa
A Terra Chá, A Ulloa e Sarria: concellos de Vilalba, Xermade, Muras, Abadín, A Pastoriza, Meira, Pol, Riotorto, Castroverde, Baralla, O Corgo, Láncara, Sarria, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Friol, Guitiriz, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei
Ancares - Courel: concellos de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Baleira, As Nogais, O Incio, Samos, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel e Negueira de Muñiz
Arousa norte: concellos de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Catoira, Dodro, Valga e Pontecesures
Arousa sur: concellos de Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa
Baiona: concello de Baiona
Baixo Miño costa: concellos de A Guarda, O Rosal e Oia
Bueu: concello de Bueu
Cabanas - Pontedeume: concellos de Cabanas e Pontedeume
Cangas: concello de Cangas
Carnota: concello de Carnota
Cee - Corcubión - Dumbría: concellos de Cee, Corcubión e Dumbría
Celanova - A Limia: concellos de Padrenda, Gomesende, Cartelle, Ramirás, Quintela de Leirado, Celanova, Xinzo de Limia, Trasmiras, Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Vilar de Barrio, Sandiás, Vilar de Santos, Verea, A Bola e Porqueira
Cinto da Coruña: concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros
Cinto de Ferrol: concellos de Narón, Neda, Fene, Ares e Mugardos
Cinto de Ourense e Allariz: concellos de Vilamarín, Coles, O Pereiro de Aguiar, Maceda, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca, Toén, Barbadás, San Cibrao das Viñas e Taboadela
Combarro: parroquia de Combarro
Concas do Mandeo e do Mero: concellos de Oza-Cesuras, Aranga, Coirós, Abegondo, Carral, Betanzos e Irixoa
Concas do Tambre e Ulla norte: concellos de Ames, Curtis, Frades, Boimorto, Arzúa, Melide, Santiso, Touro, Toques, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Ordes, Cerceda, Tordoia, Oroso, Trazo, Val do Dubra, Santa Comba, A Baña, Negreira, Brión, Teo, Vedra, Boqueixón, Padrón e Rois
Condado - Paradanta: concellos de Crecente, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, A Cañiza, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño
Costa da Morte: concellos de Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Muxía, Cee, Fisterra, Dumbría, Corcubión, Carnota, Mazaricos, Zas, Carballo, Coristanco e A Laracha
Costa da Morte norte: concellos de Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe e Camariñas
Deza - Tabeirós: concellos de Lalín, Silleda, Forcarei, A Estrada, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón
Ferrol: concello de Ferrol
Ferrolterra interior: concellos de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela e Vilarmaior
Fisterra: concello de Fisterra
Foz - Barreiros: concellos de Foz e Barreiros
Galicia: todo o territorio galego
Lugo: concello de Lugo
Lugo amurallada: zona amurallada de Lugo
Mariña Lucense: concellos de O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada e A Pontenova
Muxía: concello de Muxía
Nigrán: concello de Nigrán
O Grove: concello de O Grove
O Morrazo central: concellos de Marín, Moaña e Vilaboa
O Pino: concello de O Pino
O Ribeiro: concellos de Castrelo de Miño, Cenlle, Beariz, O Irixo, Avión, Piñor, San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside, Punxín, San Amaro, Leiro, Beade, Melón, Ribadavia, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cortegada, A Arnoia, Pontedeva e Boborás
Ourense: concello de Ourense
Poio: concello de Poio
Pontevedra: concello de Pontevedra
Portomarín - O Páramo: concellos de Portomarín e O Páramo
Redondela - Soutomaior: concellos de Redondela e Soutomaior
Ría de Betanzos: concellos de Bergondo, Sada, Paderne e Miño
Ría de Muros e Noia: concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son e Lousame
Rías de Cedeira e Ortigueira: concellos de Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño e Mañón
Ribadeo: concello de Ribadeo
Ribeira: concello de Ribeira
Ribeira Sacra: concellos de Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, Esgos, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo, Chantada, Taboada, Portomarín, Paradela, Bóbeda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribas de Sil, Pantón, Sober, O Saviñao e Bóveda
Ribeira Sacra sur: concellos de Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, Esgos, A Peroxa e Nogueira de Ramuín
Santiago de Compostela: concello de Santiago de Compostela
Santiago histórico: casco histórico da cidade de Santiago de Compostela
Santiago urbano: casco urbano da cidade de Santiago de Compostela
Sanxenxo: concello de Sanxenxo
Sanxenxo urbano: vila de Sanxenxo
Serras do Galiñeiro e Argallo: concellos de Mos, Tomiño, Gondomar, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes
Terra de Trives: concellos de A Pobra de Trives, Manzaneda, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río
Terras de Pontevedra interior: concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas e Barro
Triacastela: concello de Triacastela
Valdeorras: concellos de Rubiá, Carballeda de Valdeorras, A Veiga, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín, Larouco e O Bolo
Verín - Viana: concellos de Verín, Viana do Bolo, Monterrei, Vilardevós, Riós, A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Vilariño de Conso e Oímbra
Vigo: concello de Vigo
Viveiro: concello de Viveiro
Xurés: concellos de Calvos de Randín, Bande, Muíños, Lobios, Lobeira e Entrimo
As zonas na práctica están definidas pola cobertura das antenas, de xeito que se aproximan aos límites administrativos pretendidos pero non hai unha coincidencia exacta.
As definicións de perfís determínanse en función do uso do teléfono móbil, sen interactuar coa persoa, polo que non poden ser plenamente coincidentes coas habitualmente establecidas pola OMT.
A calidade dos datos referidos a algúns países de procedencia non é suficiente para ser publicada. Os países con calidade media permanencen no informe xunto cunha advertencia, mentres que os de calidade baixa foron eliminados.
Tras atopar anomalías na información relativa a Sanxenxo e Bueu, ambas zonas foron eliminadas deste informe e están sendo revisadas pola operadora provedora dos datos. É unha excepción o apartado de estudo da mobilidade, onde se inclúen todos os concellos.
No mes de decembro foi eliminada a zona de Lugo amurallada por un problema coa xeración dos datos. Tamén está sendo revisado pola operadora.
Asígnase índice 1000 ao mercado con maior volume. Indícanse con barras grises os mercados galegos e con barras verdes os internacionais.
Os datos de México, Senegal, Brasil e Arxentina que nun principio se atopaban nesta gráfica foron eliminados pola súa falta de fiabilidade. Mantéñense os de Alemaña e China, aínda que cunha fiabilidade moderada. Diferéncianse con barras verdes os países de fóra do continente europeo.
Asígnase índice 1000 ao país con maior intensidade turística. Os datos de Irlanda, Islandia e Senegal que nun principio se atopaban nesta gráfica foron eliminados pola súa falta de fiabilidade. Mantéñense os de Alemaña e Noruega, aínda que cunha fiabilidade moderada.
Asígnase índice 1000 á provincia con maior intensidade turística.
Está sombreado en vermello e fóra da escala o concello de Madrid, que emite o 15,1% dos turistas, co obxectivo de facilitar a visualización dos demais concellos. 
Os 10 concellos ou agrupacións de concellos con maior intensidade emisora de turistas son os seguintes: "Pesoz", "Pesoz, San Martín de Oscos, Villanueva de Oscos", "Torrent, Torrent", "Tapia de Casariego", "Burgos, Sotragero", "Aguilar de Bureba, Barrios de Bureba, Los, Briviesca, Navas de Bureba, Oña, Vid de Bureba, La, Vileña", "Herguijuela de la Sierra, Madroñal", "Castropol", "Sotragero, Villaescusa la Sombría, Villalbilla de Burgos, Merindad de Río Ubierna, Alfoz de Quintanadueñas", "Santa Eulalia de Oscos, Vegadeo". 
As liñas vermellas representadas neste e outros gráficos posteriores indican as datas de inicio e fin do primeiro estado de alarma.
Asígnase índice 100 á zona con maior intensidade turística, excluíndo as zonas submunicipais indicadas con barras grises.
Asígnase valor 100 ao punto no que a asistencia diaria é máis baixa e obsérvase a variación.
Asígnase valor 100 ao punto no que a asistencia diaria é máis baixa e obsérvase a variación.
Asígnase valor 100 ao punto no que a asistencia diaria é máis baixa e obsérvase a variación.
Indica onde dormen as persoas que fan unha excursión á zona sinalada durante o 15 de agosto do 2020. Tomouse esta data como referencia para empregar en todos os mapas de mobilidade.
Tómanse os seguintes eventos:
Tómanse como referencia eventos do 2019 por seren cancelados no 2020 por mor da pandemia.