Aviso Legal e Política de Privacidade AEI

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal da Área de Estudos e Investigación- Turismo de Galicia (AEI-TG) (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia- Axencia de Turismo de Galicia pon a disposición dos usuarios da internet.

A Xunta de Galicia é a titular deste e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal abertos.xunta.gal, aínda que esta pode ser tamén atopada no portal da Axencia de Turismo de Galicia e sometida aos mesmos dereitos que a situada no portal abertos.xunta.gal. A información que a Axencia de Turismo de Galicia proporciona a través do portal abertos.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Política de Cookies

O portal web AEITG emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Devandito isto, é preciso ter en conta que una mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario/a polo Portal e o uso dos servizos dispoñibles nel.
cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
cookies de preferencias: aquelas que permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookie Cookie Finalidade Política
Propia JSESSIONID Mantén a sesión de usuarios na platafoma Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia COOKIE_SUPPORT Rexistra si o navegador ten habilitadas as cookies Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia GUEST_LANGUAGE_ID Rexistra as preferencias de idioma do usuario Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia cookiesession1 Xestiona a sesión do usuario na plataforma Xunta de Galicia - Política de cookies
De terceiros (Google) __utmb Úsase para determinar as sesións ou visitas novas Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utmc Para a interoperabilidade entre aplicacións Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utmt Úsase para regular as solicitudes de rede Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utma Úsase para distinguir usuarios e sesións. Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (Google) __utmz Almacena datos estatísticos do usuario Google Analytics - Protección de datos

Condicións de uso

A información turística elaborada a partir da actividade desenvolvida pola Axencia de Turismo de Galicia, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.
A obtención e elaboración da devandita información por parte da Axencia de Turismo de Galicia lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.

A información divulgada a través desta aplicación ofrécese gratuitamente á cidadanía para que poida ser utilizada libremente por ela, co único compromiso de mencionar expresamente á Axencia de Turismo de Galicia como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.

A Axencia de Turismo de Galicia declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través da aplicación.

A Axencia de Turismo de Galicia non garante a presentación da totalidade da información turística de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.


Protección de datos

As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.