Turismo de congresos (MICE)

Turismo de Galicia, no marco das actividades de investigación da súa competencia, iniciou en 2010 unha liña de investigación enfocada ao turismo de reunións co obxectivo de tentar medir a dimensión real deste segmento e as súas principais características tanto do lado da oferta como da demanda. A análise ofrece unha panorámica xeral e aborda os principais aspectos do perfil do turista de congresos seguindo o esquema do cuestionario elaborado para o efecto cos seguintes epígrafes: organización e características da viaxe, comportamento no destino, valoración e satisfacción e perfil sociodemográfico.

Turismo de congresos: Perfil 2010 e evolución 2016

18/01/2017 | informe | Congresos

Análise do perfil do turista de congresos

Fonte Turismo de Galicia