Vivendas

Vivendas turísticas
Enténdese por vivendas turísticas os establecementos unifamiliares illados nos que se preste servizo de aloxamento turístico, cun número de prazas non superior a dez e que dispoñen, por estrutura e servizos, das instalacións e do mobiliario axeitado para a súa utilización inmediata, así como para a conservación, elaboración e consumo de alimentos dentro do establecemento.

Vivendas de uso turístico
Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade e coas características establecidas por vía regulamentaria, coa peculiaridade de que poida ser ofertado por particulares na súa propia vivenda. Constitúen estadías de curta duración aquelas nas que a cesión de uso é inferior a trinta días consecutivos.

Rexistro de empresas e actividades turísticas: Aloxamentos

Datos extraídos do Rexístro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), baseados nos procedementos administrativos e os asentos rexistrais da Axencia Turismo de Galicia

Esta explotación ten fins meramente informativos e estatísticos, mais non representa una reproducción íntegra dos datos oficiais do rexistro. Aqueles perfís que non desexan aparecer son eliminados da lista. En caso de atopar algún erro, agradecemos que o comuniquen a Turismo de Galicia.

Partindo do REAT, realízase imputación de valores e depuración de erros. Omítense desta publicación aqueles rexistros dos que non consta denominación ou concello, ou ben carecen de dirección, parroquia e lugar. Aos rexistros do REAT, engadíronse os aloxamentos da rede pública de albergues do Camiño de Santiago en Galicia, do Plan Xacobeo.

Queda prohibido o uso dos correos electrónicos para fins comerciais, baixo a exclusiva responsabilidade do usuario