Estadía media en aloxamentos colectivos
O cadro de mando de estadía media en aloxamentos colectivos relaciona o número de viaxeiros aloxados e o total de noites nos establecementos colectivos para ilustrar a duración media da estadía en cada tipoloxía de aloxamento. Ofrece datos e comparativas temporais así como información a nivel provincial e para algúns municipios galegos. Inclúe tamén unha comparativa de Galicia coas restantes CC.AA.
Información e notas metodolóxicas
- As tipoloxías de establecementos sobre as que se ofrece información son: establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), apartamentos turísticos, turismo rural, campings e albergues turísticos
Definicións de termos
- Estadía media. É unha aproximación ao número de días que, por término medio, os viaxeiros permanecen nos establecementos e calcúlase como cociente entre as pernoitas e o número de viaxeiro
- Punto turístico. Municipio onde a concentración da oferta turística é significativa. (A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Sanxenxo, O Grove, Viveiro, Ribadeo, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo)
- Provincia sen asignar. Debido a que o INE realiza estimacións a distintos niveis de desagregación territorial, faise necesario crear unha categoría ficticia “sen asignar” que recolle a diferenza
Instrucións xerais de consulta de datos e información
- Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
- Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
- Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
- Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
- Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior
Máis información: