Excursionistas

O cadro de mando ofrece o número de excursionistas, tanto residentes en Galicia como nacionais e internacionais, analizando a súa evolución, o motivo da viaxe, o medio de transporte de entrada, a comparativa entre CC.AA. e o peso segundo o país de orixe

Definicións de termos

  • Excursionista. Persoa que viaxa a un lugar diferente ao da súa contorna habitual e non pasa a noite, cando o obxectivo principal da viaxe non é o exercicio dunha actividade remunerada dende o lugar visitado

  • Medios de transporte. Recóllense medios de transporte que teñen suficiente mostra representativa: coche, porto e tren

  • Motivo de viaxe. Os motivos agrúpanse en dúas categorías principais: persoais ou profesionais, as cales se desagregan posteriormente en subcategorías. Motivos persoais (Turismo de sol e praia; Turismo cultural; Turismo de natureza; Turismo gastronómico; Turismo deportivo; Turismo termal e de benestar; Outro tipo de turismo de ocio; Visitas a familiares e amigos; Turismo de compras; Desprazamentos ao centro de estudos; Outros motivos de educación e formación; Tratamentos de saúde; Motivos relixiosos, peregrinacións, etc.; Incentivos; Outros motivos persoais) e Negocios e outros motivos profesionais (Congresos, ferias e convención; Desprazamentos ao centro de traballo; Outros motivos profesionais).

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí