Noites en aloxamentos colectivos

Este cadro de mando ofrece datos do número de noites e a súa evolución en diferentes tipoloxías de aloxamento colectivos: establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos, campings, turismo rural e albergues turísticos. Inclúe detalle territorial, datos a nivel provincial e para algúns municipios galegos, así como unha comparativa de Galicia coas restantes CC.AA.

Información e notas metodolóxicas

  • Amosa o número de noites en establecementos colectivos encuestados polo INE
  • As tipoloxías de establecementos sobre as que se ofrecen información son: establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), apartamentos turísticos, turismo rural, campings e albergues turísticos
  • As comparacións de anos anteriores e posteriores a 2021 deben facerse sen albergues, porque a operación do INE incorporou un gran número de establecementos, provocando un gran incremento nos valores por causas metodolóxicas

Definicións de termos

  • Punto turístico. Municipio no que a concentración da oferta turística é significativa (A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Sanxenxo, O Grove, Viveiro, Ribadeo, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo)
  • Provincia sen asignar. Debido a que o INE realiza estimacións a distintos niveis de desagregación territorial, faise necesario crear unha categoría ficticia “sen asignar” que recolle a diferenza

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí