Viaxeiros aloxados en establecementos colectivos
O cadro de mando ofrece datos de viaxeiros aloxados nos establecementos colectivos, a súa evolución e comportamento segundo o tipo de aloxamento ou mercado de orixe. Inclúe unha desagregación territorial por provincias e para determinados municipios galegos, ademais de proporcionar un ranking que compara os datos de Galicia coas demais CC.AA.
Información e notas metodolóxicas
- Preséntanse datos de números de viaxeiros aloxados en establecementos colectivos encuestados polo INE
- As tipoloxías de establecementos sobre as que se ofrece información son: establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), apartamentos turísticos, turismo rural, campings e albergues turísticos
- As comparacións de anos anteriores e posteriores a 2021 deben facerse sen albergues, porque a operación do INE incorporou un gran número de establecementos, provocando un gran incremento nos valores por causas metodolóxicas
Definicións de termos
- Viaxeiro. Toda persona que se despraza entre dous lugares xeográficos distintos por calquer motivo e duración
- Punto turístico. Municipios onde a concentración da oferta turística é significativa. (A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Sanxenxo, O Grove, Viveiro, Ribadeo, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo)
- Provincia sen asignar. Debido a que o INE realiza estimacións a distintos niveis de desagregación territorial, faise necesario crear unha categoría ficticia “sen asignar” que recolle a diferenza
Instrucións xerais de consulta de datos e información
- Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
- Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
- Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
- Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
- Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior
Máis información: