Visitas ás oficinas de turismo

O cadro de mando amosa datos das visitas en distintas oficinas de turismo de competencia autonómica e a súa evolución. Inclúe unha análise específica do perfil do visitante na oficina de turismo de Carretas (Santiago de Compostela).

Información e notas metodolóxicas

  • Os datos proceden das seguintes oficinas de turismo:
    • Oficina de turismo de Vigo
    • Oficina de turismo en Pontevedra
    • Oficina de turismo de A Coruña
    • Oficina de turismo en Santiago (Carretas)
    • Oficina de turismo de Santiago (Mazarelos)
    • Albergue de peregrinos de Vigo
    • Oficina de turismo de Lugo
    • Oficina de turismo de Ourense
  • Os datos de segmentos de perfil proceden exclusivamente da Oficina de Turismo de Santiago (Carretas)

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí