Pasaxeiros en aeroportos

O cadro de mando de pasaxeiros en aeroportos amosa datos do volume de pasaxeiros en vóos nacionais e internacionais e a súa evolución, así como un resumo da importancia dos tres aeroportos galegos fronte ao resto de España.

Información e notas metodolóxicas

  • Os datos están referidos a pasaxeiros comerciais das aerolíneas con maior actividade e dos aeroportos con maior tráfico aéreo
  • Os datos reflicten o movemento de pasaxeiros comerciais, incluido entradas e saídas polo que en xeral se contan dúas veces

Definicións de termos

  • Pasaxeiros. Número de viaxeiros que usan o avión para realizar a súa viaxe. Inclúe tanto as entradas como as saídas
  • Países non UE non Schengen. Reino Unido
  • Schengen non UE. Noruega, Islandia, Suiza e Liechtenstein
  • UE non Schengen. Irlanda, Romanía, Bulgaria e Chipre
  • UE Schengen. Alemaña, Austria, Bélxica, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, República Eslovaca e Suecia.

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí