Gasto total de turistas
O cadro de mando presenta o gasto total que realizan os turistas ao longo da sua viaxe a Galicia. Establécese diferenza entre o gasto total, con ou sen transporte, para chegar a unha aproximación do gasto que ten impacto no destino. Os datos permiten ter detalle segundo a procedencia do turista, tipoloxía de aloxamento, motivación dos turistas nacionais e comparativa territorial coas CC.AA.
Información e notas metodolóxicas
- O gasto de turistas é a suma de tódolos gastos que se realizan para a viaxe, incluíndo gastos en orixe e o transporte para chegar a Galicia
- Recolle as tipoloxías de servizos de aloxamento, servizos de comidas e bebidas, servizos de transporte e outras actividades turísticas
- Asígnase a Galicia todo o gasto do conxunto das viaxes que teñen como destino principal Galicia
- Establecese diferenza entre o gasto total con ou sen transporte, para chegar a unha aproximación do gasto que ten impacto no destino fronte o gasto total da viaxe. Os pagos en transporte inclúen os desprazamentos para chegar a Galicia e os que se realizan para moverse dentro da comunidade
Definicións de termos
- Gasto total. É a suma das distintas ramas turísticas: servizos de aloxamento, servizos de comida e bebida, servizos de transporte e outras actividades turísticas
- Tipo de aloxamento. Sepáranse en hoteis e similares, resto de aloxamentos de mercado e aloxamentos de non mercado
- Tipo de gasto. Recóllense os gastos nas distintas ramas do turismo: aloxamento; restauración; transporte; lecer, cultura e deporte; paquetes turísticos; bens duradeiros e resto
Instrucións xerais de consulta de datos e información
- Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
- Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
- Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
- Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
- Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior
Máis información: