Gasto medio de turistas

O cadro de mando presenta o gasto medio diario dos turistas na sua viaxe a Galicia. Establécese diferenza entre o gasto total, con ou sen transporte, para chegar a unha aproximación do gasto que ten impacto no destino. Os datos permiten ter detalle segundo a procedencia do turista, tipoloxía de aloxamento, motivación dos turistas nacionais e comparativa territorial coas CC.AA.

Información e notas metodolóxicas

  • O gasto medio diario de turistas é a media do gasto por persoa e día, calculada sobre a suma de tódolos gastos que realizan para a viaxe, incluíndo os gastos en orixe e transporte para chegar a Galicia
  • Recolle as tipoloxías de servizos de aloxamento, servizos de comidas e bebidas, servizos de transporte e outras actividades turísticas
  • Asígnase a Galicia todo o gasto do conxunto das viaxes que teñen como destino principal Galicia
  • Establecese diferenza entre o gasto con ou sen transporte, para chegar a unha aproximación do gasto que ten impacto no destino fronte o gasto total da viaxe. Os pagos en transporte inclúen os desprazamentos para chegar a Galicia e os que se realizan para moverse dentro da comunidade

Definicións de termos

  • Gasto medio diario. É a media do gasto por persoa e día, calculada coma o cociente entre o gasto total e o número de noites
  • Tipo de aloxamento. Sepáranse en hoteis e similares, resto de aloxamentos de mercado e aloxamentos de non mercado
  • Tipo de gasto. Recóllense os gastos nas distintas ramas do turismo: aloxamento; restauración; transporte; lecer, cultura e deporte; paquetes turísticos; bens duradeiros e resto

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí