Grao de ocupación en aloxamentos colectivos

O cadro de mando presenta indicadores sobre o grao de ocupación nos aloxamentos colectivos de Galicia: hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues. Os datos permiten observar o detalle por categorías hoteleiras así como unha desagregación territorial por provincias, áreas turísticas e municipios. Ademais, faise unha comparación entre as distintas CC.AA. 

Definicións de termos

  • P.p. Puntos porcentuais. Unidade na que se mide a diferencia entre dous porcentaxes
  • Grao de ocupación. É a media do grado de ocupación de cada categoría ponderado polas prazas ocupadas
  • Tipo de aloxamento. Son todos os aloxamentos colectivos que se recollen en distintas estadísticas do INE que prestan servizos de aloxamento a cambio dun prezo con ou sen outros servizos complementarios
  • Área turística. Conxunto de municipios nos que se localiza de forma específica a afluencia turística. Ofrécese información das principais zonas de interés turístico. No documento “relación de municipios que comprende cada zona do INE, adxúntanse as principais zonas de interés turístico, xunto cos municipios que forman estas zonas. Máis información en: https://aei.turismo.gal/osdam/filestore/5/0/1/9/2_009f0b6c49152b7/50192scr_17eab49f7d0c570.jpg
  • Municipios. Subconxunto dos municipios de Galicia nos que a concentración da oferta turística é significativa. A publicación dos resultados axústase a criterios estadísticos en función do número de establecementos da mostra que están ubicados no municipio e que contestan á enquisa, no caso concreto de hoteis, requírese da resposta de polo menos 8 establecementos

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí