Afiliacións en turismo

O cadro de mando recolle datos de afiliacións á Seguridade Social na rama turística e o seu peso nunha línea temporal, a nivel autonómico e comparado co resto das comunidades autónomas

Información e notas metodolóxicas

  • Seguindo as recomendacións internacionais considéranse nesta explotación dos datos de afiliación en alta laboral á Seguridade Social as actividades características do turismo correspondente as seguintes ramas de actividade según o CNAE 2009:
    • 55 e 56 Hostalería
    • 491 Transporte interurbano de pasaxeiros por ferrocarril
    • 493 Outro transporte terrestre de pasaxeiros
    • 501 Transporte marítimo de pasaxeiros
    • 522 Actividades relacionadas co transporte
    • 791 Actividades de axencias de viaxe e operadores turísticos
    • 7711 Aluguer de automóbiles e vehículos de motor lixeiros
    • 7734 Aluguer de medios de navegación
    • 7735 Aluguer de medios transporte aéreo
    • 7990 Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos
    • 900 Actividades de creación, artísticas e espectáculos
    • 910 Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais
    • 931 Actividades deportivas
    • 932 Actividades recreativas e de entretenemento

Definicións de termos

  • Afiliacións. O número de afiliacións non se corresponde necesariamente co de traballadores, senón co das situacióna que xeran a obriga de cotizar. É dicir, a mesma persoa contabilízase tantas veces como situacións de cotizacións teña, xa sexa porque ten varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios
  • Índice de afiliacións. Establécense como valor de referencia (índice=100) xaneiro do último ano con datos en tódolos periodos mensuais.

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí