Persoal ocupado en aloxamentos colectivos
O cadro de mando ofrece datos de persoal empregado no conxunto dos aloxamentos colectivos de Galicia, con desagregación por tipo e categoría do establecemento. Inclúe tamén detalle territorial con datos por provincias, áreas turísticas e algúns municipios galegos, así como unha comparativa de Galicia no contexto estatal.
Definicións de termos
- Aloxamentos colectivos. Defínense aloxamentos colectivos aos establecementos turísticos de mercado (Hoteis, Pensións, Apartamentos turísticos, Campings, Albergues turísticos e Turismo rural)
Instrucións xerais de consulta de datos e información
- Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
- Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
- Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
- Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
- Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior
Máis información: