Persoal ocupado en turismo

O cadro de mando recolle unha análise do mercado laboral no sector turístico de Galicia a partir dos datos da EPA. Contempla detalle por modalidade de contrato (temporal ou indefinido), por tipo de relacións profesionais (autónomos ou asalariados) e por ramas características do turismo (servizos de aloxamento, servizos de comidas e bebidas, transporte de viaxeiros, axencias de viaxe e operadores turísticos e outras actividades turísticas).

Definicións de termos

  • Asalariados. Engloba a todas as persoas que manteñen unha relación laboral cunha empresa como empregado a cambio dunha retribución económica. Diferencianse das persoas autónomas, as cales non manteñen unha relación contractual con ningunha empresa
  • Temporais. Considéranse todas as persoas asalariadas cun contrato de duración determinada. Diferencianse dos traballadores indefinidos (que engloban contratos de tipo fixo e fixo discontinuo)
  • Rama de actividade. Agrúpanse os principais grupos de actividade do CNAE-2009: 55 Servizos de aloxamento, 56 Servizos de comidas e bebidas, 791 Actividades de axencias de viaxe e operadores turísticos, Transporte de viaxeiros e Outras actividades turísticas

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí