Ingresos hoteleiros

Este cadro de mando recolle a magnitude dos ingresos estimados nos establecementos hoteleiros de Galicia por tipo de categoría. Os datos permiten unha desagregación territorial por áreas turísticas.

Definicións de termos

  • Ingresos hoteleiros. Estimación calculada a partir do ADR multiplicado polo número de habitación ocupadas e polo número de días do período que se consulta
  • Área turística. Conxunto de municipios nos que se localiza de forma específica a afluencia turística. Ofrécese información das principais zonas de interese turístico. No documento “Relación de municipios que comprende cada zona” do INE, adxúntanse as principais zonas de interese turístico, xunto cos municipios que forman estas zonas. Máis información en: https://aei.turismo.gal/osdam/filestore/5/0/1/9/2_009f0b6c49152b7/50192scr_17eab49f7d0c570.jpg

Instrucións xerais de consulta de datos e información

  • Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
  • Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
  • Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
  • Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
  • Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior

Máis información:

  • Información sobre atallos de teclado facendo clic aquí
  • Información sobre accesibilidade facendo clic aquí