Prezos de turismo e hostalería
Este cadro de mando presenta a evolución de prezos no conxunto de Galicia, no sector turístico e en distintas ramas do aloxamento como o hoteleiro e turismo rural. Preséntase ademais unha comparativa da variación de prezos nas distintas CC.AA.
Información e notas metodolóxicas
- Utilízase como índice de referencia o mes de xaneiro do último ano con datos completos
Definicións de termos
- Turismo e Hostalería. Trátase da Rúbrica 56 que establece o INE. Inclúe os artigos pertencentes ao grupo 11: hoteis, cafés e restaurantes; e o grupo 096: Paquetes turísticos
- Xeral Galicia. Recolle o conxunto de prezos de todos os sectores a nivel Galicia
- Aloxamento. Recolle os prezos do subgrupo 112 Hoteis e outros aloxamentos do INE
- Índice de Prezos Hoteleiros (IPH). Medida estatística da evolución mensual dos prezos que os empresarios hoteleiros aplican os seus clientes
- Índice de Prezos de Aloxamentos de Turismo Rural (IPTR). Medida estatística da evolución mensual das principais tarifas dos prezos que os empresarios deste tipo de establecementos aplican os seus clientes
- Variación mensual. Indicador que permite medir a variación porcentual promedio dos prezos entre meses como períodos de referencia
- Variación interanual. Diferenza porcentual de prezos entre periodos dun ano e o anterior
Instrucións xerais de consulta de datos e información
- Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
- Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
- Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
- Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
- Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior
Máis información: