Rendibilidade hoteleira
Este cadro analiza os niveis de rendibilidade hoteleira a partir de dous principais indicadores, ADR e RevPAR. Ofrécense datos a nivel global e por categoría hoteleira. Mídense dende unha perspectiva de evolución temporal con desagregación a nivel das CC.AA, áreas turísticas e algúns municipios galegos.
Información e notas metodolóxicas
- Existen datos con valores baleiros no ano 2020 debido á falta de mostra suficiente causada polas restriccións da Covid-19
Definicións de termos
- ADR. Ou Tarifa Media Diaria. É a estimación da tarifa media diaria dunha habitación dobre con baño en categoría hoteleira, sen incluir impostos nin ningún outro servicio
- RevPAR. Estimación dos ingresos medios por habitación dispoñible percibidos polos hoteis
- Área turística. Conxunto de municipios nos que se localizan de forma específica a afluencia turística. Ofrécese información das principais zonas de interés turístico. No documento “Relación de municipios que comprende cada zona” do INE, adxúntanse as principais zonas de interese turístico, xunto cos municipios que forman estas zonas. Máis información en: https://aei.turismo.gal/osdam/filestore/5/0/1/9/2_009f0b6c49152b7/50192scr_17eab49f7d0c570.jpg
- Puntos turísticos. Municipio onde a concentración da oferta turística é significativa. (A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Sanxenxo, O Grove, Viveiro, Ribadeo, Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo)
Instrucións xerais de consulta de datos e información
- Uso de filtros e lista de opcións. Usando a tecla CTRL podes escoller máis dunha opción cando se che presenten opcións de filtrado
- Navegación drill-down. Ao escoller a frecha estáblecese o modelo de navegación drill-down. Ao facer clic sobre ela, baixarase ao seguinte nivel xerárquico dentro do ámbito do gráfico ou táboa seleccionada
- Navegación drill-up. Ao facer clic sobre a frecha establécese o nivel de navegación drill-up. Escolléndoa subirás un nivel xerárquico nos datos e ese nivel representarase no gráfico ou táboa asociada
- Segmentación por nivel inferior. Permite amosar todos os datos no seguinte nivel xerárquico. É dicir, trata toda a mostra de datos coa segmentación correspondente ao nivel inferior da xerarquía
- Drill-down expandido. Dá soporte á navegación drill-down pero sen filtrar por unha sección de nivel xerárquico superior. É dicir, segmenta o nivel inferior da xerarquía dentro da sección correspondente do seu nivel superior
Máis información: