Demanda turística en destino

A Enquisa do Turismo en Destino de Galicia (ETDG) ten como finalidade analizar a demanda turística na comunidade autónoma e coñecer así as principais características do turista. A poboación obxectivo son os turistas de 15 ou máis anos con destino Galicia, é dicir, as persoas que pasan a noite en Galicia, fóra do seu entorno habitual, durante un máximo dun ano consecutivo por ocio, traballo ou outras razóns, excluídos aqueles que veñen para realizar un traballo remunerado en destino por unidades residentes.


A ETDG ten como obxectivos principais:

  • O proceso de decisión que determina a viaxe
  • As características da viaxe e da estadía durante a súa viaxe por Galicia
  • A distribución do gasto que leva a cabo o turista en Galicia
  • A valoración de Galicia como destino turístico
  • O perfil socioeconómico dos turistas en Galicia

Informes sobre a demanda turística

23/12/2019 | informe | Demanda turística en destino

Enquisa da demanda turística en destino (ETDG) / Ano 2018

Fonte Turismo de Galicia

28/12/2017 | informe | Demanda turística en destino

Enquisa da demanda turística en destino (ETDG) / Ano 2017

Fonte Turismo de Galicia

Enquisa estival en destino

Enquisa realizada pola USC en convenio con Turgalicia para o estudio do turismo no período estival en Galicia, dende 1997 ata 2010. A partir de entón comeza un novo proxecto desenvolvido por Turismo de Galicia, a Enquisa do Turismo en Destino de Galicia (ETDG), executando unha revisión metodolóxica completa que inclúe a extensión da operación a todos os meses do ano.

01/07/2010 | informe | Demanda turística en destino

Análise estatística sobre o turismo estival en Galicia. Enquisa de destino / Ano 2010

Fonte Universidade de Santiago de Compostela

Datos da enquisa de demanda turística

28/12/2017 | datos | Demanda turística en destino

Enquisa da demanda turística en destino 2013/2017 | Principais indicadores

Fonte Turismo de Galicia