Funcións e liñas de traballo
Para o desenvolvemento das funcións que lle son encomendadas, Turismo de Galicia conta coa Área de Estudos e Investigación que se engloba dentro da Dirección de Competitividade, coas seguintes funcións:
- Realización e difusión das operacións e actividades estatísticas oficias en materia turística do Plan galego de estatística
- Realización de estudos de investigación de oferta, demanda, impacto económico, análise de tendencias e estudos sectoriais estratéxicos da política turística galega.
- Análise da información e da opinión do público cliente (opinión web, oficinas de turismo).
- Explotación e análise de datos de fontes secundarias en materia turística.
- Estudo da capacidade competitiva das empresas do sector.
- Participación na transferencia de investigación entre os centros públicos de investigación e as empresas do sector turístico.
- Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas pola Dirección da Axencia.
Co fin de dar resposta aos obxectivos estratéxicos antes definidos a Área de Estudos e Investigación desenvolve unha serie de liñas de traballo e investigación, centradas principalmente no eido da análise estatística e na xeración de coñecemento no ámbito do turismo da nosa comunidade. En particular, as liñas estratéxicas de actuación do centro son:
- Posta en marcha e desenvolvemento do Observatorio do Turismo de Galicia, proxecto de carácter estratéxico que pretende servir de referencia a nivel da comunidade autónoma na xeración e interpretación de datos estatísticos relacionados co sector.
- Elaboración de proxectos técnicos encamiñados á mellora metodolóxica das operacións estatísticas vinculados ao turismo en Galicia.
- Elaboración de estudos e informes de caracterización e dinámica conxuntural do turismo na nosa comunidade.
- Elaboración de planos de desenvolvemento turístico a nivel local.
- Difusión e divulgación dos resultados de investigación, tanto do propio centro coma doutros organismos que xeren información en Galicia vinculada ao turismo (universidades, grupos de investigación...)
- Colaboración con outros organismos e entidades na elaboración de estudos e diagnósticos do sector así como na definición de estratexias de desenvolvemento no eido do turismo